Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Actualidade

Observacións astronómicas

28 de xullo de 2017

Observacións astronómicas 24 xullo - copiaO Observatorio Astronómico Ramón María Aller desprazouse a pasada noite do día 24 de xullo ata Boqueixón (Pico Sacro) pero debido á excesiva nubosidade existente esa noite non foi posible realizar a sesión, polo que se optou por repetila o día 31 no mesmo emprazamento.

O 30 de agosto, festa do San Ramón nas Illas de Gres, realizarase outra nova observación na ponte vella de Ledesma. Monitores do observatorio universitario informarán ás persoas que se acheguen das características dos obxectos a observar así como das cuestións de interese relacionadas coa astronomía en xeral.

Compartir
WhatsApp Facebook Correo