Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Actualidade

Campaña de Inverno – Neve 2018 – Deputación da Coruña

27 de decembro de 2017

A Diputación de A Coruña ven de confirmar a inclusión do concello de Boqueixón no programa “CAMPAÑA DE INVERNO 2018” coa adxudicación de 3 prazas.

A estancia e manutención desenvolveranse en aloxamentos ubicados na estación invernal de Cabeza de Manzaneda entre 09/03/2018 ó 12/03/2018 e inclúen os cursos de esquí, diferentes actividades e o transporte.

As idades dos participantes serán os nados nos anos 2003, 2004, 2005, 2006, 2007 e aboarán 85€ como cota de participación.

Así mesmo,  recordamos que as preinscricións serán no teléfono 636 731 721 (tamén vía whatsapp) ou no mail deportes@boqueixon.gal con data límite o 16/01/2018 .

No suposto de ter máis solicitudes que número de prazas concedidas pola Deputación, será preciso realizar un sorteo público pola secretaria do concello para adxudicar as mesmas.

Compartir
WhatsApp Facebook Correo