A Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta oferta prazas gratuítos nos campamentos xuvenís de verán para fillos e fillas de vítimas de violencia de xénero

A Secretaría Xeral deIgualdade da Xunta de Galicia oferta unha reserva específica de prazas gratuítas nos campamentos xuvenís dirixidas, preferentemente, aos fillos e fillas daquelas mulleres vítimas de violencia de xénero que residen ou residiron nos últimos anos nalgún centro de acollida.

É imprescindible que os nenos e nenas saiban nadar.

Requisitos:

  • Entregar a solicitude segundo modelo achegado pola Secretaría Xeral de Igualdade.
  • Fotocopia do DNI e/ou Libro de Familia
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria
  • Declaración asinada pola nai/titora de que o/a menor sabe nadar (según modelo)
  • Cuestionario de saúde, debidamente cumprimentado
  • Autorización de fotos (según modelo)

O prazo de presentación da documentación finaliza o 16 de maio do 2018. Deberán ser as persoas familiares/titoras dos e das menores as que se ocupen dos traslados de ida e volta dos nenos e nenas aos campamentos.

Toda a documentación e consulta sobre este programa de oferta de prazas xuvenís dentro da campaña de verán 2018, así como os modelos de solicitude, declaración e autorización poderanse obter chamando ao Centro de Información á Muller (CIM) do Concello de Boqueixón (981 513 061).

O decreto completo pódese consultar aquí.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025