Listados de admitidos e admitidas no Verán Activo e nos cursos de natación e patinaxe estivais

O Concello de Boqueixón publica os listados de rapaces e rapazas admitidos e admitidas nas actividades do Verán Activo e os cursos estivais de natación e patinaxe. Cómpre salientar que se admitiron todas as solicitudes.

No caso de que algunha persoa que tivera feita a inscrición e non apareza nalgún destes listados, deberase poñer en contacto co Departamento de Cultura (981 513 115 ou cultura@boqueixon.gal).

As actividades do Verán Activo comezarán o 22 de xuño para continuar os días 25, 26, 27, 28 e 29. O programa continuará durante os meses de xullo e agosto. Os cursos de natación e patinaxe, pola súa banda, desenvolveranse en xullo.

Consulta nestes enlaces os distintos listados:

listado de admitid@s patinaxe listado de admitid@s verán activo listado admitid@s curso de natación

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025