Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Cultura

A Asociación de Persoas Xordas de Santiago de Compostela celebra en Boqueixón o seu Encontro de Familia e Xuventude

28 de setembro de 2018

DIVIERTAMOS JUNTXS

A Asociación de Persoas Xordas de Santiago de Compostela organiza o próximo 6 de outubro no pavillón de Lestedo o seu Encontro de Familia e Xuventude. As actividades desenvolveranse durante toda a tarde, en horario de 16.30 a 20.00 horas) e están abertas a todas as persoas interesadas.

Haberá Intérprete de Lingua de Signos Española durante a apertura e as distintas propostas, polo que esta xornada será accesible para todos os públicos. Para participar neste encontro, no que tamén colabora o Concello de Boqueixón, deberase formalizar inscrición previa antes do 3 de outubro.

O programa de actividades é o seguinte:

  • 16.30 horas: Presentación coas intervencións de Sonia Fonseca (Área de Familia da APSSC); Fátima Granja (Área de Xuventude da APSSC); Isolina Piñeiro (presidenta de ANPANXOGA), e Manuel Fernández, alcalde de Boqueixón.
  • 16.45 horas: Creba-xeo
  • 17.00 horas: Actividades dinámicas (haberá xogos dinámicos e tradicionais, compartiranse actividades e os/as participantes concursarán por grupos formados por todos/as)
  • 19.30 horas: Foto de familia
  • 20.00 horas: Clausura

Máis información a través do teléfono 981 582 968 ou no e-mail asopssc@hotmail.com.

 

Compartir
WhatsApp Facebook Correo