O VI Concurso de Fotografía ‘Paisaxes de Boqueixón’ bate récords de participación con preto de 90 imaxes enviadas

O VI Concurso de Fotografía ‘Paisaxes de Boqueixón’ bateu récords de participación con preto de 90 imaxes enviadas. Dende a organización deste certame, que promove a Biblioteca Municipal. amosáronse “moi satisfeitos pola excelente resposta acadada nesta sexta edición”.

PrimeiroPremioFotoBoqueixon
Primeiro Premio: ‘Solpor entre néboas’, de ‘Isaac Pérez Vázquez

A apertura do prazo para o envío de propostas iniciouse a principios do pasado mes de setembro e finalizou o pasado 2 de novembro. Dende o xurado salientaron “a calidade das fotografías, algunhas delas cunha técnica do máis axeitada”, así como “a representatividade de todas elas”, amosando as fermosas paisaxes que se poden atopar dentro do municipio de Boqueixón.

SegundoPremioFotoBoqueixon
Segundo Premio: ‘Raios crepusculares’, de Alejandro Nieto

Do total de 86 fotografías remitidas a concurso o xurado seleccionou un total de 12 finalistas. “Estas imaxes comporán o tradicional calendario que o Concello de Boqueixón edita todos os anos e co que agasalla á veciñanza polo Nadal”, indican desde la Biblioteca Municipal.

TerceiroPremioFotoBoqueixon
Terceiro Premio: ‘Atardecendo coa raíña’, de Fernando Lueiro Balado

Entre todas as finalistas escolléronse as tres gañadoras. O primeiro premio outorgouse Isaac Pérez Vázquez pola súa fotografía titulada Solpor entre néboas, que recibirá un vale de 200 € para gastar nos establecementos do municipio de Boqueixón. O segundo posto foi para Alejandro Nieto, pola imaxe Raios crepusculares, pola que recibirá un vale de 100 €. O terceiro galardón foise para Fernando Lueiro Balado pola súa instantánea Atardecendo coa raíña, ao quen se lle entregará un vale de 50 euros.

Pola súa banda, as fotografías finalistas e que conformarán o calendario do 2019 do Concello de Boqueixón foron as seguintes:

  • Campo de millo na noite, de José Emilio Gómez Crespo
  • A Ponte, de José Emilio Gómez Crespo
  • Rolos de herba, de José Emilio Gómez Crespo
  • O Pico Sacro sobre as nubes, de Lorena Couto Rey
  • A sombra do Pico Sacro, de Isaac Pérez Vázquez
  • Igrexa de Santa María de Lestedo, de Rosa Mª Liñares Liñares
  • Muíño de Codeso, de Cristina Rosende Liñares
  • Fervenza de Codeso, de Elisabet López Carvalhais
  • Crespúsculo, de Alejandro Nieto

A galería completa das imaxes participantes no VI Concurso de Fotografía ‘Paisaxes de Boqueixón’ pódese consultar neste enlace. A acta do xurado, pola súa banda, atópase no arquivo adxunto ou premendo aquí.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025