Campaña de Inverno 2019 – Deputación da Coruña

O Concello de Boqueixón participa un ano máis na Campaña de Inverno 2019, que organiza a Deputación de A Coruña, onde dispoñemos de 3 prazas.

QUEN PODE PARTICIPAR: A campaña está dirixida a rapaces e rapazas de 11 a 15 anos (cumpridos a 31 de decembro de 2019).

ONDE: Estación invernal de Cabeza de Manzaneda (Ourense).

CANDO: Na primeira quenda, do 25 ao 28 de xaneiro.

COTA DE INSCRICIÓN:  85 euros (inclúe transporte, estadía e manutención na estación invernal de Cabeza de Manzaneda, monitores, clases de esquí, seguros, aluguer de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados).

PREINSCRICIÓNS: No Departamento de Deportes de Boqueixón, deportes@boqueixon.gal, con data límite o 10/01/2019 .

No suposto de ter máis solicitudes que número de prazas concedidas pola Deputación, será preciso realizar un sorteo público pola secretaria do concello para adxudicar as mesmas.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025