Agader convoca unha nova liña de axudas para ampliar ou modernizar empresas afincadas no rural

O Agader vén de publicar no Diario Oficial de Galicia (DOG) unha nova convocatoria de axudas dirixida á “Ampliación e modernización de todo tipo de pequenas empresas que desenvolven actividades non agrarias”. Esta liña de subvencións intégrase na medida 6.4 “Investimentos en actividades non agrarias” do PDR de Galicia 2014-2020.

O prazo de presentación de solicitudes será de 1 mes dende a data da publicación. Esta liña de axudas contempla ata un 45% de subvención do importe total do proxecto a desenvolver.

Para máis información, pódese enviar un correo electrónico a infoagader@xunta.gal  ou chamar aos teléfonos 981547382 – 981547369 – 981542690.

A continuación, desglósanse as principais condicións que deberán cumprir as iniciativas para obter estas axudas.

Os proxectos poderanse localizar en calquera territorio de Galicia, agás nas seguintes parroquias:

Parroquia Concello Parroquia Concello
TEMPLE (EL) (SANTA MARIA) A Coruña OURENSE Ourense
CORUÑA (A) A Coruña MONTEALEGRE (LA MILAGROSA) Ourense
OZA (SANTA MARIA DE) A Coruña VISTA FERMOSA (SAN XOSE) Ourense
VIÑAS (SAN CRISTOBAL DAS) A Coruña PONTEVEDRA Pontevedra
VISMA (SAN PEDRO DE) A Coruña LEREZ Pontevedra
ALMEIRAS (SAN XIAN) Culleredo MOURENTE Pontevedra
BURGO (O) (SANTIAGO) Culleredo SALCEDO Pontevedra
RUTIS (SANTA MARIA) Culleredo VIRXE DO CAMIÑO (A) Pontevedra
FERROL Ferrol POIO (SAN SALVADOR P.) Poio
TRASANCOS (SANTA ICIA) Ferrol VIGO Vigo
NARON Narón ALCABRE Vigo
PERILLO (SANTA LEOCADIA) Oleiros CANDEAN Vigo
SANTIAGO DE COMPOSTELA Santiago Compostela CASTRELOS Vigo
SANTIAGO (SAN CAETANO) Santiago Compostela COMESAÑA Vigo
SANTIAGO (SAN LAZARO) Santiago Compostela FREIXEIRO Vigo
SANTIAGO (SAN XOAN DE FORA) Santiago Compostela LAVADORES Vigo
LUGO Lugo NAVIA Vigo
VALENZA (A) (SAN BERNABE) Barbadás SARDOMA Vigo
TEIS Vigo

A convocatoria será moi similar a publicada no ano 2018 (http://agader.xunta.gal/gl/linas-de-axuda/empresas-non-agricolas). A principal diferencia é que terá carácter anual.

A concesión de axudas será en concorrencia competitiva e os promotores en ningún caso poderán ter iniciados os investimentos antes da data da solicitude de axuda.

Beneficiarios:

  1. As microempresas e pequenas empresas ubicadas en zona rural
  2. Persoas físicas que residan nunha zona rural.
  3. Titulares e/ou membros dunha unidade familiar dunha explotación agraria que diversifiquen as súas actividades en ámbitos non agrícolas e que desenvolvan o seu proxecto na propia explotación

Proxectos Subvencionables:

  1. Industrias, fábricas e locais destinados á produción de bens e materiais. Non obstante o anterior, os investimentos relacionados coa utilización da madeira como materia prima ou fonte de enerxía limitaranse ás operacións de segunda transformación.
  2. Transformación e/ou comercialización de produtos agrarios, cando o produto final do proceso de transformación e/ou comercialización derivado dos investimentos non estea incluído no anexo I do Tratado de Funcionamento da Unión Europea (TFUE). Non obstante o anterior, para este sector de actividade excluiranse aqueles proxectos cun orzamento elixible superior a 60.000 €.
  3. Prestación de servizos en calquera sector económico, con exclusión das empresas de servizos de maquinaria agrícola e forestal e das empresas de servizos enerxéticos
  4. Prestación de servizos sociais (garderías, coidado de anciáns, de persoas con discapacidade,  granxas-escola…).
  5. Actividades de ocio, recreativas e deportivas.
  6. Artesanía e actividades artesanais.
  7. Actividades baseadas na innovación tecnolóxica e no comercio electrónico.
  8. Actividades nos sectores da enxeñaría, arquitectura, servizos técnicos, limpeza industrial e veterinaria.
  9. Comercio polo miúdo de produtos non incluídos no anexo I do TFUE.

Gastos Subvencionables

Con carácter xeral, serán subvencionables a compra de maquinaria e equipamentos novos afectos á actividade empresarial e que sexan necesarios para desenvolvemento da actividade produtiva da empresa.

Gastos Non subvencionables:

  1. Unidades de investimento cuxa base impoñible sexa igual ou inferior a 1000€
  2. Material funxible en xeral.
  3. Envases e embalaxes, aínda cando sexan reutilizables.
  4. A reposición ou simple substitución de equipamento e maquinaria, salvo que a nova adquisición corresponda a equipamentos ou maquinaria distintos dos anteriores, ben pola tecnoloxía utilizada ou polo seu rendemento ou eficiencia ambiental, que deberá xustificarse na memoria-resumo do proxecto (anexo III).
  5. Equipos de calefacción, climatización e ventilación, así como as instalacións que comporten.
  6. Traídas e acometidas de servizos.
  7. Adquisición de maquinaria, equipamento e materiais de segunda man.
  8. Adquisición de maquinaria e equipamento destinada ao aluguer.
  9. Equipos informáticos de oficina e licenzas informáticas en sistemas operativos e aplicacións de ofimática.
  10. Deseño e/ou actualización de páxinas web.
  11. A compra de vehículos de transporte exterior, así como a compra de vehículos especiais agrícolas e de obras, e a súa adecuación.
  12. Mobiliario, instalacións, útiles e ferramentas.
  13. Investimentos non axustados no seu dimensionamento e capacidade ás actividades que vai a desenvolver a empresa a curto prazo, ou ben dun importe unitario superior ao básico do mercado para unidades ou elementos de igual capacidade.
  14. Investimentos non relacionados directamente coas actividades desenvolvidas polo solicitante.
  15. Os gastos de aluguer de instalacións e equipos, nin os investimentos financiados mediante arrendamento financeiro (leasing).
  16. A man de obra propia e os materiais de igual procedencia.
  17. As taxas por licenzas administrativas.
  18. O imposto de valor engadido (IVE) e calquera outro imposto, agás que non sexa recuperable pola persoa beneficiaria.
  19. Os gastos financeiros producidos como consecuencia do investimento.
  20. Os xuros debedores.
  21. Os conceptos do orzamento sen desagregar tales como “outros”.
  22. Os investimentos realizados con carácter previo á presentación da solicitude da axuda.

Importe da Axuda

45% dos gastos subvencionables

Cómpre lembrar que para calquera dúbida as persoas promotoras poden pórse  en contacto co Agader a través do enderezo electrónico: infoagader@xunta.gal  ou nos teléfonos: 981547382 – 981547369 – 981542690.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025