Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Actualidade

A Secretaría Xeral de Igualdade oferta prazas xuvenís gratuítas dentro da Campaña de Verán dirixidas a fillos e fillas de mulleres vítimas de violencia de xénero

23 de abril de 2019

o-veran-que-queres-vivir-xunta-2019

Pola Alcaldía – Centro de Información á Muller de Boqueixón, ponse en coñecemento de todas as persoas interesadas do Concello, que a Secretaría Xeral de Igualdade comunica de existencia de prazas xuvenís gratuítas dentro do “Programa Campaña de Verán 2019.”

A Consellería de Política Social oferta como en anos anteriores unha reserva específica de prazas gratuítas preferentemente, aos fillos e fillas daquelas mulleres vítimas de violencia de xénero que residen ou residiron nos últimos anos nalgún centro de acollida.

Para participar neste programa, e seguindo as indicacións da Dirección Xeral de Xuventude e Participación seguiranse os seguintes criterios de selección:

1º. Nenas e nenos que residen nun centro de acollida da Rede galega de acollemento e fillos/as de mulleres usuarias do Centro de Recuperación Integral para mulleres que sofren violencia de xénero.

2º. Nenas e nenos que non fosen beneficiarias/os destes campamentos no ano 2018

3º. Medidas de protección en vigor

4º. Data de emisión do documento acreditativo da situación de vx (segundo art. 5 da Lei galega 11/207; e preferencia ao máis recente).

5º. Orde de entrada da solicitude con toda a documentación na Secretaría Xeral da Igualdade.

É imprescindible que os nenos e as nenas saiban nadar.

Solicitamos que remitan á maior brevidade os datos das/dos menores que desexan participar en ditos campamentos á Secretaría Xeral da Igualdade, xunto coa documentación indicada (poden adiantala escaneada ao correo electrónico vx.igualdade@xunta.gal).

O prazo para a presentación da solicitude e documentación rematará o día 10 de maio de 2019.

Para calquera consulta ou xestión e envío da documentación poden ponerse en contacto co CIM, chamando ao teléfono 981 513 061 ou ben nos teléfonos 981 987 428/981.545.367 da Secretaría Xeral de Igualdade.

Boqueixón, 23 de abril do 2019

 

Compartir
WhatsApp Facebook Correo