Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Actualidade

Comeza unha nova campaña de vales para as xardineiras apadriñadas e amadriñadas do Concello de Boqueixón

30 de abril de 2019

XardineiraBoqueixon

O Concello de Boqueixón vén de iniciar unha nova campaña de entrega de vales para as xardineiras apadriñadas e amadriñadas pola veciñanza. Así, as persoas rexistradas neste programa xa poden recoller nas dependencias da Casa do Concello 1 vale (por xardineira) para canxear por plantas de ornamentación.

As opcións de canxeo son as seguintes:

a) 10 plantas (petunia, begonia, tajete ou clavelina)

b) 5 plantas (surfinia, verbena, geranio ou guineana)

Os vales poderanse canxear ata o vindeiro 31 de xullo de 2019 nos seguintes viveiros:

  • Isaac Fernández Prieto (Rodiño- Sergude)
  • Viveiros Compostela SAT (A Corna- Pousada)
  • Xardín Compostela, SL (Lestedo)

NOTA: Imprescindible presentar o DNI do padriño/madriña para a recollida do vale na Casa do Concello e para o canxeo por plantas no viveiro que elixan.

Compartir
WhatsApp Facebook Correo