Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Bandos e avisos

Aviso de corte do subministro eléctrico na parroquia de Lestedo o vindeiro 17 de xuño entre as 10.00 e as 12.00 horas

11 de xuño de 2019

A empresa UFD Grupo Naturgy vén de notificar ao Concello de Boqueixón a interrupción programada do subministro eléctrico na parroquia de Lestedo prevista para o vindeiro día 17 entre as 10.00 e as 12.00 horas. Este corte débese á necesidade de efectuar os labores de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica precisos para atender nas mellores condicións as necesidades de subministro da zona, tal e como indican dende a empresa.

O corte do subministro afectaralle aos seguintes lugares: Cachosenande (Cachosenande); Lestedo-Santa María (Ardarís, Pazos); Rubial-Boqueixón (Cusanca, Lestedo, Picota, Rubial, Troitomil) e Vilar-Lestedo (Vilar).

Para calquer aclaración , pódense poñer en contacto con UFD Grupo Naturgy no teléfono 900333999.

Dende o Concello de Boqueixón rogan á veciñanza desculpen as molestias.

Compartir
WhatsApp Facebook Correo