Máis dun cento de rapazas e rapaces participaron o pasado venres na sesión de contacontos do programa Ler Conta Moito. Impulsada pola Biblioteca Municipal do Concello de Boqueixón, esta iniciativa ofreceu un espectáculo de Teatro de Marionetas da man da agrupación Trécola Teatro.
Dirixido a público de entre 3 e 12 anos, a sesión contou a historia de Lolo e a Ratoa. A través destes dous personaxes, a cativada asistente realizou unha amena viaxe entre contos e un completo mundo de fantasía que lles axudou a deixar voar a súa imaxinación.