Ir al contenido

Concello de Boqueixón

Main Menu
  • O CONCELLO
    • ALCALDÍA
    • ÁREAS MUNICIPAIS
    • XUNTA DE GOBERNO
    • ACTAS XUNTA DE GOBERNO
    • DECRETOS
    • ORDENANZAS
    • O PLENO – CORPORACIÓN
    • O PLENO – ACTAS
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • ARQUIVO
    • BIBLIOTECA
    • CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER (CIM)
    • CULTURA
    • DEPORTES
    • FORMACIÓN, EMPREGO E TURISMO
    • OBRAS E SERVIZOS
    • SERVIZOS XERAIS
    • SERVIZOS SOCIAIS
    • URBANISMO
    • XUVENTUDE (OMIX)
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • DESCRICIÓN XEOGRÁFICA
    • DIRECTORIO
    • ESTADÍSTICAS
    • FESTIVIDADES
    • HISTORIA
    • RUEIRO DE LESTEDO
    • PARROQUIAS
    • PERSOEIROS
    • TOPONIMIA
  • TURISMO
    • ALOXAMENTO
    • AREAS NATURAIS E RUTAS
    • FESTAS E FEIRAS
    • FOLLETO TURÍSTICO
    • GALERÍAS
    • GASTRONOMÍA
    • O PICO SACRO
  • BUSCAR
  • CORREO
  • CONTACTA CON NOS
Main Menu
  • O CONCELLO
    • GOBERNO
      • Actas Xunta de Goberno
      • Alcaldía
      • Áreas Municipais
      • Decretos
      • Ordenanzas
      • Xunta de Goberno
    • O PLENO
      • Actas
      • Corporación
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • Servizos Xerais
    • Obras e Servizos
    • Urbanismo
    • Deportes
    • Xuventude (OMIX)
    • Formación, Emprego e Turismo
    • Cultura
    • Servizos Sociais
    • Centro de Información á Muller (CIM)
    • Biblioteca
    • Arquivo
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • Estadísticas
    • Descrición Xeográfica
    • Directorio
    • Festividades
    • Historia
    • Parroquias
    • Persoeiros
    • Rueiro de Lestedo
    • Toponimia
  • TURISMO
    • Aloxamento
    • Áreas Naturais e Rutas
    • Festas e Feiras
    • Folleto Turístico
    • Galerías
    • Gastronomía
    • O Pico Sacro
  • SEDE ELECTRÓNICA
  • TABOLEIRO DE ANUNCIOS
  • PORTAL DA TRANSPARENCIA

Concello de Boqueixón

Contacta con nós
Correo concello
  • Categoría (s): AXUDAS, Boqueixon
  • Publicada o 19 julio 2019

Subvencións para rehabilitación de edificios e vivendas no ámbito da ARI dos Camiños de Santiago

SubvencionsBoqueixonARI

Normativa:

Resolución do 20 de xuño de 2019 pola que se acorda o peche do prazo para solicitar a participación para actuacións de rehabilitación de edificios e vivendas no ámbito da área de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago, no marco do Programa de rexeneración e renovación urbanas do Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016. (DOG nº 124 do 2/7/2019)

Resolución do 20 de xuño de 2019 pola que se regula o procedemento para participar no Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural do Plan de vivenda 2018-2021 e se establecen as bases reguladoras das subvencións correspondentes ás áreas de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago e do Parque Nacional das Illas Atlánticas (VI408F e VI408G).(DOG nº 124 do 2/7/2019)

Resolución do 2 de xullo de 2019 pola que se convocan, para o ano 2019, as subvencións do Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural do Plan de vivenda 2018-2021, correspondentes ás áreas de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago e do Parque Nacional das Illas Atlánticas. (DOG nº 130 do 10/7/2019) VI408H

Obxecto:

Financiar actuacións de rehabilitación e renovación de edificios e vivendas situadas nos ámbitos da ARI dos Camiños de Santiago e da ARI do Parque Nacional das Illas Atlánticas.

As actuacións obxecto de financiamento deberán contar coa correspondente resolución de cualificación definitiva outorgada polo IGVS.

Persoas ou entidades beneficiarias

No ámbito da ARI dos Camiños de Santiago:

  1. As comunidades de persoas propietarias e as agrupacións de comunidades de persoas propietarias, constituídas conforme o disposto polo artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, de propiedade horizontal.
  2. As agrupacións de persoas propietarias.
  3. As persoas físicas propietarias de edificios ou vivendas.

No ámbito da ARI do Parque Nacional das Illas Atlánticas, ademais das anteriores, tamén poderán ser persoas beneficiarias:

  • As persoas físicas con algún dereito real sobre un edificio ou vivenda situada neste ámbito.
  • As persoas titulares dunha concesión sobre un edificio ou vivenda situada neste ámbito.

Requisitos das beneficiarias

  • Deberán estar en posesión da correspondente cualificación definitiva da actuación outorgada polo IGVS. Poderán ser beneficiarias desta convocatoria de subvencións do Plan 2018-2021 as persoas e entidades que, estando en posesión da cualificación definitiva da actuación conforme a normativa da prórroga do Plan 2013-2016, non obtivesen as subvencións con anterioridade, salvo nos supostos en que lles for denegada por non cumprir os requisitos exixidos.
  • Para que as persoas físicas sexan beneficiarias deberán posuír a nacionalidade española ou, no suposto das persoas estranxeiras, ter a residencia legal en España.
  • Non poderán obter a condición de persoas ou entidades beneficiarias aquelas que estean incursas nalgunha das causas previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións; e no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, ou a quen se lle revogase algunha das axudas contidas neste ou en anteriores plans de vivenda por causas imputables á persoa ou á entidade solicitante.
  • No caso de que a solicitante sexa unha comunidade ou agrupación de comunidades de propietarios/as ou agrupación de persoas propietarias, os requisitos sinalados nos números anteriores deberán cumprilos todos os seus membros.

Contía

A contía máxima das axudas previstas no Real decreto 106/2018, do 9 de marzo, non poderá exceder, de forma individualizada, o 40 % do custo subvencionable da actuación.

No caso de actuacións en vivendas unifamiliares ou actuacións no interior de vivendas situadas en edificios de tipoloxía residencial colectiva, esta porcentaxe máxima poderá ser do 75 %, se os ingresos da unidade de convivencia da persoa propietaria, promotora da actuación e residente na vivenda, son inferiores a tres veces o IPREM. Esta mesma porcentaxe aplicarase cando se acometan actuacións para a mellora da accesibilidade e se acredite na unidade de convivencia da persoa propietaria, promotora da actuación e residente na vivenda que existen persoas con discapacidade ou maiores de 65 anos.

O IGVS, con cargo aos seus orzamentos, subvencionará as actuacións nas ARI do Camiño de Santiago e do Parque Nacional das Illas Atlánticas, coa contía máxima seguinte:

  • Ata 4.000 euros por vivenda obxecto da actuación de rehabilitación e/ou renovación, sen que a subvención poida exceder o 10 % do orzamento protexido de actuación da vivenda ou do edificio.
  • Ata 1.000 euros por vivenda obxecto da actuación de rehabilitación e/ou renovación, se se adapta á Guía de cores e materiais aprobada pola Xunta de Galicia.

Documentación

Solicitude  |  Presentación electrónica na sede

  1. De ser o caso, acreditación da representación da persoa que actúe en nome da persoa propietaria única do edificio.
  2. Anexo II Certificado da persoa que exerza as funcións de secretaría da comunidade de persoas propietarias ou da agrupación de comunidades de persoas propietarias, en que se recolla tanto o acordo de solicitar a subvención do Programa de rexeneración e renovación urbanas do ARI dos Camiños de Santiago, como o nomeamento da persoa que represente na tramitación do expediente a comunidade de persoas propietarias ou a agrupación de comunidades de persoas propietarias (anexo II).
  3. Anexo III, no caso de edificios de tipoloxía residencial colectiva, en que se relacionen as persoas propietarias das vivendas e locais do edificio partícipes nas actuacións de rehabilitación. Neste anexo cubriranse, de ser o caso, as declaracións de non estar incursos en ningunha das circunstancias do artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
  4. Anexo IV, de declaración responsable e comprobación de datos das persoas que integran a unidade de convivencia da persoa solicitante, no caso de actuacións en vivendas unifamiliares ou actuacións no interior de vivendas situadas en edificios de tipoloxía residencial colectiva.
  5. Certificado da discapacidade da persoa solicitante ou das persoas que compoñen a súa unidade de convivencia nas cales concorra a dita circunstancia, de non ser expedido pola Xunta de Galicia.
  6. No caso de edificios ou vivendas declarados ben de interese cultural, catalogados ou que conten con protección integral no instrumento de ordenación urbanística correspondente, documentación xustificativa destas circunstancias.

Lugar de presentación:

  • As comunidades de persoas propietarias, as agrupacións de comunidades de persoas propietarias e as súas persoas representantes deberán presentar a súa solicitude electrónicamente.
  • As persoas físicas deberán presentar a súa solicitude preferiblemente por vía electrónica. Tamén poderán presentala en formato papel, por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou na Xefatura Provincial do IGVS que corresponda por razón da situación da vivenda.

Prazo de solicitude:

Rematará ao esgotamento da partida orzamentaria contida nesta convocatoria, que será publicado no DOG e, en todo caso, o día 31 de outubro de 2019.

MAIS INFORMACIÓN:

Concello de Boqueixón (981 513 106)

 

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025

2025 Concello de Boqueixón

@lmco 2025

981 513061 | Forte, s/n 15881Boqueixón

  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
Facebook-f
Concello de Boqueixón
Aviso legal
Utilizamos cookies para optimizar o noso sitio web e o noso servicio.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
0
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.
  • Administrar opciones
  • Gestionar los servicios
  • Gestionar {vendor_count} proveedores
  • Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}