Ir al contenido

Concello de Boqueixón

Main Menu
  • O CONCELLO
    • ALCALDÍA
    • ÁREAS MUNICIPAIS
    • XUNTA DE GOBERNO
    • ACTAS XUNTA DE GOBERNO
    • DECRETOS
    • ORDENANZAS
    • O PLENO – CORPORACIÓN
    • O PLENO – ACTAS
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • ARQUIVO
    • BIBLIOTECA
    • CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER (CIM)
    • CULTURA
    • DEPORTES
    • FORMACIÓN, EMPREGO E TURISMO
    • OBRAS E SERVIZOS
    • SERVIZOS XERAIS
    • SERVIZOS SOCIAIS
    • URBANISMO
    • XUVENTUDE (OMIX)
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • DESCRICIÓN XEOGRÁFICA
    • DIRECTORIO
    • ESTADÍSTICAS
    • FESTIVIDADES
    • HISTORIA
    • RUEIRO DE LESTEDO
    • PARROQUIAS
    • PERSOEIROS
    • TOPONIMIA
  • TURISMO
    • ALOXAMENTO
    • AREAS NATURAIS E RUTAS
    • FESTAS E FEIRAS
    • FOLLETO TURÍSTICO
    • GALERÍAS
    • GASTRONOMÍA
    • O PICO SACRO
  • BUSCAR
  • CORREO
  • CONTACTA CON NOS
Main Menu
  • O CONCELLO
    • GOBERNO
      • Actas Xunta de Goberno
      • Alcaldía
      • Áreas Municipais
      • Decretos
      • Ordenanzas
      • Xunta de Goberno
    • O PLENO
      • Actas
      • Corporación
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • Servizos Xerais
    • Obras e Servizos
    • Urbanismo
    • Deportes
    • Xuventude (OMIX)
    • Formación, Emprego e Turismo
    • Cultura
    • Servizos Sociais
    • Centro de Información á Muller (CIM)
    • Biblioteca
    • Arquivo
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • Estadísticas
    • Descrición Xeográfica
    • Directorio
    • Festividades
    • Historia
    • Parroquias
    • Persoeiros
    • Rueiro de Lestedo
    • Toponimia
  • TURISMO
    • Aloxamento
    • Áreas Naturais e Rutas
    • Festas e Feiras
    • Folleto Turístico
    • Galerías
    • Gastronomía
    • O Pico Sacro
  • SEDE ELECTRÓNICA
  • TABOLEIRO DE ANUNCIOS
  • PORTAL DA TRANSPARENCIA

Concello de Boqueixón

Contacta con nós
Correo concello
  • Categoría (s): Boqueixon
  • Publicada o 7 febrero 2020

Presentación do programa da 37ª Festa da Filloa de Lestedo

O alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández  Munín, o delegado territorial da Xunta na provincia da Coruña, Ovidio Rodeiro e o presidente da Asociación Cultural da Filloa, José Manuel Canabal, presentaron no Hostal dos Reis Católicos en Santiago o programa da 37ª edición da Festa da Filloa de Lestedo, que terá lugar en Boqueixón o 1 de marzo.

O alcalde de Boqueixón destacou nesta presentación que a Festa da Filloa é “unha das celebracións da nosa vila das que nos sentimos máis orgullosos” despois de 37 edicións. Como explicaron de novo a Festa da Filloa compartirá protagonismo cos Xenerais da Ulla, o que fai que esta data sexa única, posto que na mesma xornada coinciden dúas festas declaradas de Interese Turístico de Galicia. Pola súa parte, Ovidio Rodeiro destacou que aínda que “as administracións, como a Xunta e o Concello, procuramos aportar un soporte institucional e material, pero todo o mérito desta historia de éxito é exclusivamente dos veciños e veciñas de Lestedo”, e ademais sinalou que é importante ver cada ano como o relevo xeracional esta garantizado.

A partir de hoxe, comezan intensas semanas de promoción da Festa da Filloa. O vindeiro xoves 13 de febreiro, o mercado de Boanerges en Santiago de Compostela acollerá un evento gastronómico cos chefs Yayo Daporta e Roberto Filgueira, que elaborarán entre as 21:00h. e as 22:30h. en directo catro tapas coa filloa como protagonista, que se venderán a un prezo de 3 euros, ó longo da xornada unha filloeira tamén elaborará filloas no mercado cun custe de 4 filloas a 1€. E a partir do 20 de febreiro e ata o 29 unha filloeira elaborará de xeito tradicional as filloas de Lestedo na cafetería do Centro Comercial El  Corte Inglés.

O 15 de febreiro no Local Social de Lestedo terá lugar un taller de cociña infantil e xuvenil para que as novas xeracións aprendan a elaborar a filloa tradicional. O prazo para inscribirse a este obradoiro estará aberto ata o 14 de febreiro.

Dende o 24 de febreiro ata o día 29, desenvolveranse as V Xornadas Gastronómicas da Filloa en diferentes establecementos hostaleiros de Boqueixón, onde se ofrecerán innovadoras e creativas tapas con base na filloa e os máis innovadores recheos. Os establecemento participantes son: Bar- Restaurante «O Imprevisto», Restaurante «Vía da Prata», Casa de Xantar «Casa Castro», Cervexería «O Vikingo», Restaurante «Vente Vindo», Café Bar «O 26» e o Bar «O Tapeo».

Programa da 37ª Festa da Filloa de Lestedo

“Un ano máis presentamos un programa moi completo para festexar as grandezas da gastronomía galega e a nosa tradición”, sinalou Manuel Fernández Munin durante a súa intervención. O programa da Festa da Filloa o 1 de marzo inclúe degustación de filloas –doces e salgadas- dende media mañá e parranda de entroido ás 12:00 no campo da Festa, para despois dar paso a un intenso programa con moitas actividades das dúas festas de Interese Turístico de Galicia.

O V Gran Desfile dos Xenerais do Ulla terá lugar ás 12:30 horas, os Xenerais, correos e soldados farán un percorrido para rematar no Campo da Festa, onde lles esperará  a actriz María Mera para presentar o pregón do xornalista de Radio Voz, Pablo Portabales. E como broche final á unha intensa mañá, Tania Veiras e O Recobio amenizará a sesión vermú.

Ás 17:30 presentaranse ós famosos Altos dos Xenerais da Ulla,  que mediante estrofas rimadas e con moita ironía e humor falarán de política e temas de actualidade. E xa a partir das 18:30 dará comezo a verbena a cargo das orquestras París de Noia e Gran Parada, que prolongarán as súas actuación ata as 00:00 horas da noite.

 

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025

2025 Concello de Boqueixón

@lmco 2025

981 513061 | Forte, s/n 15881Boqueixón

  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
Facebook-f
Concello de Boqueixón
Aviso legal
Utilizamos cookies para optimizar o noso sitio web e o noso servicio.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
0
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.
  • Administrar opciones
  • Gestionar los servicios
  • Gestionar {vendor_count} proveedores
  • Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}