Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Formación e emprego

O Concello de Boqueixón convoca a contratación de 3 peóns forestais encargados/as do manexo e actuación do vehículo motobomba (V.M.B.)

22 de xuño de 2020

O Concello de Boqueixón vén de publicar as bases para a provisión en réxime laboral temporal da contratación de 3 peóns forestais encargados/as do manexo e actuación do vehículo motobomba (V.M.B.) 2020, durante 3,5 meses e con data límite de formalización de contrato o 31 de xullo de 2020. As funcións a realizar serán as seguintes: labouras encamiñadas á prevención, construción e mellora da infraestrutura de defensa contra incendios forestais, que disminúan o risco de propagación e minoren os danos dos incendios.

As persoas candidatas serán preseleccionadas pola Oficina de Emprego de Santiago Norte previa oferta presentada pola alcaldía do Concello de Boqueixón para a ocupación de peón forestal co código: 95431028. Dado o estado de alarma vixente, as persoas demandantes de emprego cando non podan ser atendidos presencialmente na Oficina Pública de Emprego poderán solicitar mediante o formulario dispoñible no enlace ) a tramitación da súa alta como demandante de emprego. As persoas interesadas dadas de alta como demandante de emprego terán que remitir un correo electrónico á Oficina Pública de Emprego oficina.emprego.santiago.norte@xunta.gal, solicitando a ocupación de peón forestal (95431028), indicando: nome e apelidos, enderezo, teléfono, correo electrónico, aportar copia DNI polas 2 caras, e sinalar que queren participar no proceso selectivo da oferta de Boqueixón.

As bases completas pódense consultar aquí. Os anexos están dispoñibles no arquivo adxunto ou premendo neste enlace.

Compartir
WhatsApp Facebook Correo