O Concello de Boqueixón aplicará o Protocolo Fisiocovid-DXTGalego da Real Federación Galega de Fútbol na solicitude de instalacións deportivas para equipos federados de fútbol e fútbol sala

O alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández Munín, vén de facer público un comunicado sobre as solicitudes de instalacións deportivas muincipais para equipos federados de fútbol e fútbol sala. Así, ante o comenzo das competicións deportivas federadas de fútbol e fútbol sala quérese poñer en coñecemento dos equipos solicitantes das instalacións deportivas municipais o PROTOCOLO FISICOVID-DXTGALEGO REAL FEDERACIÓN GALEGA DE FÚTBOL Medidas relativas á protección e prevención da saúde fronte ao Covid-19 na volta á actividade deportiva. Ditas medidas serán de obrigado cumprimento para todos estes equipos.

O obxectivo primordial é limitar ao máximo posible a capacidade de transmisión do coronavirus desde o primeiro desprazamento cara a instalación municipal  durante o feito deportivo, e despois do mesmo. A través das condutas idóneas das persoas implicadas no feito deportivo, estas, probablemente poidan ser influíntes nas condutas positivas doutros moitos veciños do noso Concello  en entornos familiares, locais, profesionais, escolares, etc.

Cada  equipo do Concello de Boqueixón designará un coordinador como responsable da implementación, cumplimento e seguimiento do protocolo federativo, que será o único interlocutor en canto a este protocolo se refiere co Departamento de Deportes, informando sobre as incidencias que se produzan no seu desenvolvemento .

 

Adxuntos

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025