Ir al contenido

Concello de Boqueixón

Main Menu
  • O CONCELLO
    • ALCALDÍA
    • ÁREAS MUNICIPAIS
    • XUNTA DE GOBERNO
    • ACTAS XUNTA DE GOBERNO
    • DECRETOS
    • ORDENANZAS
    • O PLENO – CORPORACIÓN
    • O PLENO – ACTAS
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • ARQUIVO
    • BIBLIOTECA
    • CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER (CIM)
    • CULTURA
    • DEPORTES
    • FORMACIÓN, EMPREGO E TURISMO
    • OBRAS E SERVIZOS
    • SERVIZOS XERAIS
    • SERVIZOS SOCIAIS
    • URBANISMO
    • XUVENTUDE (OMIX)
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • DESCRICIÓN XEOGRÁFICA
    • DIRECTORIO
    • ESTADÍSTICAS
    • FESTIVIDADES
    • HISTORIA
    • RUEIRO DE LESTEDO
    • PARROQUIAS
    • PERSOEIROS
    • TOPONIMIA
  • TURISMO
    • ALOXAMENTO
    • AREAS NATURAIS E RUTAS
    • FESTAS E FEIRAS
    • FOLLETO TURÍSTICO
    • GALERÍAS
    • GASTRONOMÍA
    • O PICO SACRO
  • BUSCAR
  • CORREO
  • CONTACTA CON NOS
Main Menu
  • O CONCELLO
    • GOBERNO
      • Actas Xunta de Goberno
      • Alcaldía
      • Áreas Municipais
      • Decretos
      • Ordenanzas
      • Xunta de Goberno
    • O PLENO
      • Actas
      • Corporación
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • Servizos Xerais
    • Obras e Servizos
    • Urbanismo
    • Deportes
    • Xuventude (OMIX)
    • Formación, Emprego e Turismo
    • Cultura
    • Servizos Sociais
    • Centro de Información á Muller (CIM)
    • Biblioteca
    • Arquivo
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • Estadísticas
    • Descrición Xeográfica
    • Directorio
    • Festividades
    • Historia
    • Parroquias
    • Persoeiros
    • Rueiro de Lestedo
    • Toponimia
  • TURISMO
    • Aloxamento
    • Áreas Naturais e Rutas
    • Festas e Feiras
    • Folleto Turístico
    • Galerías
    • Gastronomía
    • O Pico Sacro
  • SEDE ELECTRÓNICA
  • TABOLEIRO DE ANUNCIOS
  • PORTAL DA TRANSPARENCIA

Concello de Boqueixón

Contacta con nós
Correo concello
  • Categoría (s): BANDOS E AVISOS, Boqueixon, FORMACION E EMPREGO
  • Publicada o 30 octubre 2020

Convocatoria de axudas PEL-Reactiva da Deputación da Coruña: Fondo de Financiamento para a Reactivación Económica e Social da Provincia da Coruña

LogosPELDiputacionBoqueixon

O Concello de Boqueixón adheriuse ó programa PEL –REACTIVA: FONDO DE FINANCIAMENTO PARA A REACTIVACIÓN ECONÓMICA E SOCIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA, do Plan de Emprego Local da DEPUTACIÓN DA CORUÑA.

O obxectivo do programa é por á disposición dos concellos un fondo de financiamento para a reactivación económica e social da provincia, que dotará de liquidez aos autónomos e autónomas e microempresas, principal motor de desenvolvemento económico e alicerce fundamental do tecido empresarial da provincia.

Mediante o citado programa, o concello de Boqueixón xestionará unha convocatoria de axudas dirixidas a financiar os gastos correntes das persoas traballadoras por conta propia ou autónomos e as microempresas radicadas no termo municipal de Boqueixón, co fin de axudar a mitigar os efectos negativos que a pandemia ocasionou.

Achégase o extracto da convocatoria aprobada por Resolución de alcaldía de data do 29 de outubro de 2020 do PEL-Reactiva: Fondo de financiamento para a reactivación económica e social do Concello de Boqueixón. O prazo de remisión de solicitudes comezará a partires do día seguinte  á publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP) de A Coruña da convocatoria do devandito plan. O 25 de novembro é a data tope para presentarse.

Extracto da convocatoria aprobada por Resolución de alcaldía de data do 29 de outubro de 2020 pola que se convocan subvencións para impulsar a actividade económica e o emprego no Concello de Boqueixón e contribuír a paliar os danos do COVID-19 nas microempresas e autónomos/as, mediante réxime de concorrencia competitiva.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b e 20.8.a de a Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeneral de Subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na páxina web municipal  (https://www.boqueixon.gal) e na Sede Electrónica deste concello ).

1.- Obxecto e finalidade

A presente convocatoria pública de subvencións terá como finalidade impulsar a actividade económica e o emprego no Concello de Boquexón e contribuír a paliar na medida do posible os danos derivados da pandemia COVID-19, nas microempresas e autónomos/as.

A finalidade é facilitarlle medios ás microempresas e persoas traballadoras por conta propia ou autónomas do concello, para facer fronte ás consecuencias derivadas da crise motivada pola COVID-19, e contribuír á súa recuperación e viabilidade no novo contexto socioeconómico.

2.- Beneficiarios.

Poderán solicitar esta subvención as persoas traballadoras autónomas con ou sen traballadores/as ao seu cargo e microempresas, calquera que sexa a súa forma xurídica, que se atopen nalgún dos seguintes supostos:

GRUPO I: Que se visen afectados polo peche en virtude do disposto no RD 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 e a súa modificación aprobada no RD 465/2020, do 17 de marzo.

GRUPO II: Que non se visen afectados polo peche, pero cuxa facturación no segundo trimestre fiscal de 2020 se vira reducida, polo menos nun 75% en relación coa media efectuada no semestre natural anterior á declaración do estado de alarma. Cando a persoa física ou xurídica non leve de alta o seis meses naturais esixidos para acreditar a redución dos ingresos, a valoración levarase a cabo tendo en conta o período de actividade.

GRUPO III: Que se viran na obriga de acollerse a un ERTE (Expediente de Regulación Temporal de Emprego), nos termos establecidos no RD 465/2020, do 17 de marzo.

Para os efectos destas subvencións terán a categoría de microempresa aquelas empresas que ocupan a menos de 10 persoas e cuxo volume de negocios anual ou balance xeral anual non excedan de 2 millóns de euros.

Requisitos para ser beneficiario das subvencións:

a)Ter o domicilio fiscal no Concello de Boqueixón.

b)Non atoparse incurso en ningunha das circunstancias recollidas nos artigos 13.2 e 13.3 da Lei 38/20003, do 17 de novembro,  Xeral de Subvencións.

c)Estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias coa AEAT, TXSS, Concello de Boqueixón, Comunidade Autónoma de Galicia e coa Deputación Provincial da Coruña.

d)Cumprir coas obrigas establecidas na base 14 das  reguladoras destas subvencións.

  1. f) No caso de autónomos: estar dado de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) ou en calquera outro por conta propia da Seguridade Social, ou como mutualista de colexio profesional, con anterioridade ao 14 de marzo.

g)No caso de micropymes: a data de constitución da empresa (data de primeira inscrición no rexistro público correspondente) debe ser anterior ao 14 de marzo.

3.- Bases reguladoras

As bases reguladoras da concesión destas subvencións  foron aprobadas por Resolución da Presidencia da Excma. Deputación Provincial da Coruña núm. 2020/23462 (Plan Reactiva- Norma 18).

O seu texto íntegro foi publicado no BOP núm. 123/20, do 5 de agosto.

4.- Gastos subvencionables.  Importe e financiamento

Son gastos subvencionables os relacionados na base 7 da norma 18 (O IVE non se considera subvencionable).

Importe máximo da convocatoria: 77.009,04 euros.

As subvencións concedidas  financiaranse  con cargo ao PEL-Reactiva da Deputación Provincial (80%) e con recursos propios municipais (20%).

Período subvencionable: do 01 de marzo ao 31 de decembro de 2020.

5.-   Prazo e forma de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será  dende o día seguinte á publicación da convocatoria no BOP ata as 14:00 horas do día 25 de novembro de 2020.

As solicitudes presentaranse por vía telemática a través da Sede Electrónica do concello de Boqueixón ), utilizando o modelo normalizado de solicitude dispoñible na mesma, e deberán achegar a documentación establecida na base 4.3 da Norma 18.

6.- Criterios de valoración

As solicitudes presentadas puntuaranse de acordo cos criterios establecidos na base 6.1 da Norma 18.

7º.- Resolución

O acordo de concesión ou denegación da subvención por fin á vía administrativa.

8º.- Prazo de xustificación

Os beneficiarios da subvención deberán presentar a documentación xustificativa antes do 31 de marzo de 2021.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025

2025 Concello de Boqueixón

@lmco 2025

981 513061 | Forte, s/n 15881Boqueixón

  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
Facebook-f
Concello de Boqueixón
Aviso legal
Utilizamos cookies para optimizar o noso sitio web e o noso servicio.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
0
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.
  • Administrar opciones
  • Gestionar los servicios
  • Gestionar {vendor_count} proveedores
  • Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}