Ir al contenido

Concello de Boqueixón

Main Menu
  • O CONCELLO
    • ALCALDÍA
    • ÁREAS MUNICIPAIS
    • XUNTA DE GOBERNO
    • ACTAS XUNTA DE GOBERNO
    • DECRETOS
    • ORDENANZAS
    • O PLENO – CORPORACIÓN
    • O PLENO – ACTAS
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • ARQUIVO
    • BIBLIOTECA
    • CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER (CIM)
    • CULTURA
    • DEPORTES
    • FORMACIÓN, EMPREGO E TURISMO
    • OBRAS E SERVIZOS
    • SERVIZOS XERAIS
    • SERVIZOS SOCIAIS
    • URBANISMO
    • XUVENTUDE (OMIX)
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • DESCRICIÓN XEOGRÁFICA
    • DIRECTORIO
    • ESTADÍSTICAS
    • FESTIVIDADES
    • HISTORIA
    • RUEIRO DE LESTEDO
    • PARROQUIAS
    • PERSOEIROS
    • TOPONIMIA
  • TURISMO
    • ALOXAMENTO
    • AREAS NATURAIS E RUTAS
    • FESTAS E FEIRAS
    • FOLLETO TURÍSTICO
    • GALERÍAS
    • GASTRONOMÍA
    • O PICO SACRO
  • BUSCAR
  • CORREO
  • CONTACTA CON NOS
Main Menu
  • O CONCELLO
    • GOBERNO
      • Actas Xunta de Goberno
      • Alcaldía
      • Áreas Municipais
      • Decretos
      • Ordenanzas
      • Xunta de Goberno
    • O PLENO
      • Actas
      • Corporación
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • Servizos Xerais
    • Obras e Servizos
    • Urbanismo
    • Deportes
    • Xuventude (OMIX)
    • Formación, Emprego e Turismo
    • Cultura
    • Servizos Sociais
    • Centro de Información á Muller (CIM)
    • Biblioteca
    • Arquivo
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • Estadísticas
    • Descrición Xeográfica
    • Directorio
    • Festividades
    • Historia
    • Parroquias
    • Persoeiros
    • Rueiro de Lestedo
    • Toponimia
  • TURISMO
    • Aloxamento
    • Áreas Naturais e Rutas
    • Festas e Feiras
    • Folleto Turístico
    • Galerías
    • Gastronomía
    • O Pico Sacro
  • SEDE ELECTRÓNICA
  • TABOLEIRO DE ANUNCIOS
  • PORTAL DA TRANSPARENCIA

Concello de Boqueixón

Contacta con nós
Correo concello
  • Categoría (s): Boqueixon, FORMACION E EMPREGO
  • Publicada o 23 noviembre 2020

Os Concellos de Boqueixón e Vedra ofertan cursos de monitor/a e director/a de actividades de tempo libre

CursosMonitoradoDireccionTempoLibreBoqueixon

Os Concellos de Boqueixón e Vedra veñen de abrir o prazo de preinscrición para os seus cursos de monitor/a e director/a de actividades de tempo libre. As prazas son limitadas. Terán preferencia na inscrición aquelas persoas empadroadas nalgún dos municipios.

Ambas as dúas iniciativas desenvolveranse de xeito dual -tanto presencial como en liña- entre decembro de 2020 e maio de 2021. Será necesario dispoñer de dispositivo con conexión a internet, cámara e micrófono para a asistencia ás videochamadas grupais. O prezo de calquera dos cursos é de 150 € (taxas de expedición de título non incluídas) e o pagamento realizarase unha vez feita a inscrición.

CursosTempoLibreBoqueixonVedra

As persoas interesadas en preinscribirse deberán completar, no caso do curso de monitorado de actividades de tempo libre, o formulario dispoñible nesta ligazón, mentres que no caso de director/a de actividades de tempo libre deberase cubrir este formulario. Tamén se pode realizar a preinscrición nos Departamentos de Cultura e Xuventude de Boqueixón ou Vedra.

Requisitos e desenvolvemento

O Curso de Monitorado de actividades de tempo libre está dirixido a calquera persoa maior de 18 anos ao iniciar o curso e co título de Educación Secundaria Obrigatoria.

O curso, impartido pola Escola de Tempo Libre Aloumiña, consta de 200 horas teóricas. Será necesario superar 150 horas de práctica unha vez realizada a parte teórica para poder obter a titulación, que estará homologada pola Dirección Xeral de Xuventude Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia.

As sesións teóricas desenvolveranse nas seguintes datas:

  • Decembro: 23 presencial, 28, 29, 30 en liña
  • Febreiro: 6, 7, 15, 16, 17 en liña
  • Marzo: 6, 7, 19, 20, 21, 27, 28, 29, 30, 31 presencial
  • Abril: 10 presencial

Os horarios para as clases presenciais, nas que se cumprirán estritamente as medidas de seguridade e prevención contra a expansión da COVID-19, serán de 09.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas. Pola súa banda, as sesións en liña impartiranse a través de videochamadas grupais de asistencia obrigatoria a realizar entre as 09.00 e as 14.00 e/ou de 16.00 a 21.00 horas. Os traballos e tarefas completaranse na aula virtual.

No caso do Curso de Director/a de actividades de tempo libre requírese estar en posesión do título de monitor/a de actividades de tempo libre, así como a acreditación dunha experiencia de traballo como monitor/a no campo da educación/animación no tempo libre -cun mínimo de 250 horas-, ou como integrante do equipo de animación en colonias ou campamentos por un total de 30 días, despois da obtención do título de monitor. Ademais, as persoas participantes deberán posuír, polo menos, un título de ensino secundario.

O curso, impartido pola Escola de Tempo Libre Don Bosco, consta de 150 horas teóricas. Será necesario superar 150 horas de práctica unha vez realizada a parte teórica para poder obter a titulación, que estará homologada pola Dirección Xeral de Xuventude Participación e Voluntariado.

As sesións teóricas desenvolveranse nas seguintes datas:

  • Decembro: 23 presencial, 28, 29, 30 en liña
  • Febreiro: 15,16, 17 en liña
  • Marzo: 19, 20, 27,28,29,30,31 presencial
  • Abril: 10 presencial

Os horarios para as clases presenciais serán de 09.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 21.00 horas. Pola súa banda, as sesións en liña impartiranse a través de videochamadas grupais de asistencia obrigatoria a realizar entre as 09.00 e as 14.00 e/ou de 16.00 a 21.00 horas. Os traballos e tarefas completaranse na aula virtual.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025

2025 Concello de Boqueixón

@lmco 2025

981 513061 | Forte, s/n 15881Boqueixón

  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
Facebook-f
Concello de Boqueixón
Aviso legal
Utilizamos cookies para optimizar o noso sitio web e o noso servicio.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
0
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.
  • Administrar opciones
  • Gestionar los servicios
  • Gestionar {vendor_count} proveedores
  • Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}