Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Actualidade

A Consellería de Política Social e a Fundación ‘La Caixa’ ofrecen itinerarios formativos para persoas maiores de 60 anos

19 de febreiro de 2021

FormacionLaCaixaXuntaBoqueixon

A Consellería de Política Social e a Fundación ‘La Caixa’ ofrecen unha serie de itinerarios formativos dirixidos a persoas maiores de 60 anos. Estes céntranse nos seguintes aspectos:

  • Competencias dixitais: para facer un uso práctico e cotiá das novas tecnoloxías con ferramentas como WhatsApp, videochamadas (Zoom, Meet), Facebook…
  • Actividade física: dirixida ao mantemento e mellora da saúde, esta formación busca facilitar ás persoas maiores as ferramentas necesarias para promover a súa autonomía e mellorar o seu benestar.
  • Desenvolvemento persoal: para promover o desenvolvemento e crecemento persoal mediante a aplicación de estratexias e recursos que os favorezan. Contan cun obradoiro específico ‘Vivir ben, sentirse mellor’, no que se invita ás persoas participantes a facer unha viaxe persoal reflexionando sobre aqueles aspectos relevantes da vida, e procurando polo camiño recursos, capacidades e habilidades persoais para construír un proxecto de vida con significado e sentido para cada un, incluso en tempos da COVID-19.
  • Promoción da lectura: tertulias literarias para crear un espazo de reunión e conversa ao redor dun libro.

Para participar nestas actividades, cómpre cumprir os seguintes requisitos:

  • Ter 60 anos ou máis
  • Residir en Galicia
  • Dispoñer de conexión á Internet, smartphone/Tablet/ordenador (cámara, altavoz e micro incorporados)
  • Contar con enderezo electrónico

As inscricións deberanse realizar ata o 24 de febreiro inclusive no teléfono gratuíto 900 293 716. Deberase chamar en horario de 10.00 a 18.00 horas. As persoas interesadas só se poderán inscribir nun máximo de tres dos catro itinerarios.

Compartir
WhatsApp Facebook Correo