Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Bandos e avisos

Aviso importante do SEPE para as persoas demandantes de emprego e para a presentación de ofertas de emprego

11 de marzo de 2021

AvisoSEPEBoqueixon01

O Concello de Boqueixón vén de recibir a seguinte información do SEPE dirixida ás persoas demandantes de emprego e á presentación de ofertas de emprego:

AvisoSEPEBoqueixon02    AvisoSEPEBoqueixon01

MENSAXE IMPORTANTE PARA AS PERSOAS DEMANDANTES DE EMPREGO

Por mor da situación sofrida pola incidencia dos sistemas informáticos do SEPE, Emprego Galicia ten limitada a funcionalidade dos seus propios sistemas, véndose na obriga de atender con cita previa e de xeito limitado. Se é posible, pida a cita previa cando os sistemas se restablezan.

A non renovación da demanda mentres continue esta situación non conlevará a baixa automática da mesma nin tampouco, polo tanto, ningún tipo de suspensión ou de perda de dereito adquirido por non renovación.

Por esa mesma causa, ás persoas que teñan que renovar a súa demanda de emprego nestes días, unha vez que o sistema se recupere, enviaráselles un correo electrónico, unha mensaxe SMS ou mediante chamada telefónica para informarlles do novo prazo adicional do que disporán para renovar a súa demanda.

MENSAXE IMPORTANTE PARA A PRESENTACIÓN DE OFERTAS DE EMPREGO
Do mesmo xeito, como a tramitación das ofertas de emprego tamén están a verse afectadas pola mesma situación, recollerase o formulario de oferta e, unha vez restablecido o sistema, contactarase telefonicamente para confirmar a vontade de seguir adiante coas ofertas informadas.
Compartir
WhatsApp Facebook Correo