O Campo da Festa de Rodiño acollerá a ITV móbil para vehículos agrícolas entre os días 19 e 21 de abril. O horario de atención será de 09.00 a 13.30 pola mañá, e de 15.15 a 18.00 horas pola tarde. No caso do 21 de abril, só se atenderá en horario de mañá.
As persoas interesadas deberán solicitar cita previa a través do teléfono 902 30 90 00 ou na web www.sycitv.com – Cita previa. A admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias.