Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Cultura

‘Bibliocanta’ levou ás crianzas a unha divertida viaxe polo cancioneiro tradicional

26 de abril de 2021

BiblioCanta02Boqueixon

O Concello de Boqueixón conmemorou o Día do Libro cunha actividade moi especial. A Biblioteca Municipal acolleu a proposta Bibliocanta, dirixida a crianzas de entre 3 e 9 anos.

Foron un total de 15 as nenas e nenos que participaron nesta iniciativa de animación á lectura. A través de contos e sempre animando a utilizar a súa imaxinación, os cativos e cativas asistentes realizaron unha divertida viaxe polo cancioneiro tradicional galego, recuperando, dun xeito lúdico aqueles cantares usados por avós e avoas.

As crianzas pasaron unha amena tarde entre contos de animais típicos dos bosques galegos, así como por dinámicas de lecer nas que non faltaron os bailes ou as cancións. A actividade durou dúas horas, durante as cales os nenos e as nenas tiveron a oportunidade de achegarse aos libros que teñen á súa disposición na Biblioteca Municipal. De feito, habilitouse unha zona específica para publicacións dirixidas á cativada.

Dende a Biblioteca Municipal lembran a toda a veciñanza que conta cunhas renovadas instalacións –localizadas na planta baixa da Casa do Concello-, ofrecendo un espazo máis amplo. O horario de apertura é de luns a venres entre as 09.00 e as 13.00 horas e os luns e xoves tamén por la tarde, entre as 15.30 e as 18.00 horas.

Compartir
WhatsApp Facebook Correo