
O Concello de Boqueixón vén de recibir unha oferta de emprego dunha empresa localizada no municipio. Precísase cubrir posto de axente de substitución gandeiro e mozo de almacén.
Xornada laboral: completa de luns a domingo con descanso semanal de dous días rotatorio cada semana, o que supón a prestación de servizos en ocasións durante o fin de semana.
Experiencia: non se require experiencia previa.
As persoas interesadas terán que enviar o CV e os seu datos persoais ao enderezo de correo electrónico: picosacroleandro@gmail.com
