Ir al contenido

Concello de Boqueixón

Main Menu
  • O CONCELLO
    • ALCALDÍA
    • ÁREAS MUNICIPAIS
    • XUNTA DE GOBERNO
    • ACTAS XUNTA DE GOBERNO
    • DECRETOS
    • ORDENANZAS
    • O PLENO – CORPORACIÓN
    • O PLENO – ACTAS
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • ARQUIVO
    • BIBLIOTECA
    • CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER (CIM)
    • CULTURA
    • DEPORTES
    • FORMACIÓN, EMPREGO E TURISMO
    • OBRAS E SERVIZOS
    • SERVIZOS XERAIS
    • SERVIZOS SOCIAIS
    • URBANISMO
    • XUVENTUDE (OMIX)
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • DESCRICIÓN XEOGRÁFICA
    • DIRECTORIO
    • ESTADÍSTICAS
    • FESTIVIDADES
    • HISTORIA
    • RUEIRO DE LESTEDO
    • PARROQUIAS
    • PERSOEIROS
    • TOPONIMIA
  • TURISMO
    • ALOXAMENTO
    • AREAS NATURAIS E RUTAS
    • FESTAS E FEIRAS
    • FOLLETO TURÍSTICO
    • GALERÍAS
    • GASTRONOMÍA
    • O PICO SACRO
  • BUSCAR
  • CORREO
  • CONTACTA CON NOS
Main Menu
  • O CONCELLO
    • GOBERNO
      • Actas Xunta de Goberno
      • Alcaldía
      • Áreas Municipais
      • Decretos
      • Ordenanzas
      • Xunta de Goberno
    • O PLENO
      • Actas
      • Corporación
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • Servizos Xerais
    • Obras e Servizos
    • Urbanismo
    • Deportes
    • Xuventude (OMIX)
    • Formación, Emprego e Turismo
    • Cultura
    • Servizos Sociais
    • Centro de Información á Muller (CIM)
    • Biblioteca
    • Arquivo
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • Estadísticas
    • Descrición Xeográfica
    • Directorio
    • Festividades
    • Historia
    • Parroquias
    • Persoeiros
    • Rueiro de Lestedo
    • Toponimia
  • TURISMO
    • Aloxamento
    • Áreas Naturais e Rutas
    • Festas e Feiras
    • Folleto Turístico
    • Galerías
    • Gastronomía
    • O Pico Sacro
  • SEDE ELECTRÓNICA
  • TABOLEIRO DE ANUNCIOS
  • PORTAL DA TRANSPARENCIA

Concello de Boqueixón

Contacta con nós
Correo concello
  • Categoría (s): Boqueixon
  • Publicada o 16 junio 2021

A transformación do Pazo de Quián no «espello do rural», máis preto coa elección do proxecto que transformará este espazo

PresentacionProxectoQuianBoqueixon

Boqueixón está máis preto de se converter no «espello do rural de Galicia». O salón de actos da Centro de Formación e Experimentación Agroforestal (CFEA) Sergude acolleu esta mañá a presentación do proxecto gañador do concurso de ideas para a transformación do Pazo de Quián-Sergude no futuro centro de promoción e imaxe dos produtos agrícolas, gandeiros e forestais da comunidade autónoma.

O devandito acto, no que tamén se fixo entrega dos premios aos proxectos finalistas, estivo presidido polo titular da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo; polo conselleiro do Medio Rural, José González, e polo alcalde boqueixonés, Manuel Fernández Munín. Tamén asistiron a esta cita o delegado territorial, Gonzalo Trenor, e o deputado autonómico Ovidio Rodeiro, entre outras autoridades, ademais de profesionais da arquitectura que participaron neste concurso de ideas para a transformación de Quián.

Manuel Fernández Munín indicou que «para o noso Concello é unha enorme satisfacción que se sigan a dar pasos na materialización dun proxecto que vai converter o noso municipio no espello do rural galego. As 100 hectáreas deste complexo de Quián achegarán Boqueixón a profesionais e cidadanía postulándoo como un exemplo do bo facer no sector primario e do potencial que ten para xerar riqueza e emprego no conxunto da nosa sociedade. Ademais, este espazo porá tamén en valor todo o que Boqueixón pode ofrecer, xa que o noso territorio será o exemplo desa Galicia que aspira a ser referente».

A proposta gañadora foi a denominada Buxo, elaborada por Jorge Salgado, Celso López, Magdalena Arousa Portela e César Portela. Sobre esta proposta, o presidente da Xunta subliñou que «as 100 hectáreas que envolven o complexo conciliarán as visións dun territorio ordenado, coidado e fértil en produtos de calidade. En definitiva, estamos a falar dun modelo a escala da Galicia rural na que cremos: ordenada, con produtos agroalimentarios de calidade e cun plantexamento forestal a curto e longo prazo”, dixo, recordando que, con este fin, aprobouse o Plan forestal de Galicia 21-40, que reducirá un 5% a pegada do eucalipto en 20 anos e ocupará con frondosas autóctonas un total de 425.000 hectáreas; así como a Lei de recuperación da terra agraria de Galicia», indicou.

Segundo explicou Alberto Núñez Feijóo, durante o presente exercicio 2021 destinaranse 4 millóns de euros para iniciar a materialización deste proxecto. Esta comezará coa reforma do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude -con capacidade para máis de 130 estudantes de ciclos formativos ligados ao rural-, e a residencia de estudantes, onde se atopan medio cento. Ademais intervirase na conservación e renovación do Pazo de Quián, como espazo lúdico e de carácter representativo, coa recuperación de peches e xardíns e a mellora da urbanización.

“E, en fases posteriores, erguerase un edificio sobre a Cruz do Naveiro, que se denominará O Castro e que será un escaparate dos produtos agroalimentarios e forestais”, engadiu. Nas instalacións tamén se concentrarán un centro temático e de promoción gastronómica -ideado para que os cociñeiros galegos poidan traballar con produtos do país-, e un espazo para a organización de mostras e eventos.

Por outra banda, o proxecto tamén contempla unha granxa vacún con todas as razas autóctonas existentes na Comunidade. Así, estará dotada con queixería, e con silos, almacén, taller de maquinaria e acceso directo aos pastos, así como instalacións para cabalos de pura raza, exemplares de porco celta, cabras, ovellas e galiñas.

No eido da agricultura, Feijóo destacou a diferenciación de tres zonas: unha zona para cultivos de horta, cereais e viñedos que enxalcen as producións agroalimentarias con selo de calidade; un parque forestal, destinado a resaltar a multifuncionalidade e a diversidade dos nosos montes; e doutra zona de pastos.

Todo isto procurando un balance cero enerxético coa implantación de enerxías renovables.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025

2025 Concello de Boqueixón

@lmco 2025

981 513061 | Forte, s/n 15881Boqueixón

  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
Facebook-f
Concello de Boqueixón
Aviso legal
Utilizamos cookies para optimizar o noso sitio web e o noso servicio.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
0
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.
  • Administrar opciones
  • Gestionar los servicios
  • Gestionar {vendor_count} proveedores
  • Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}