Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Actualidade

Unha decena de persoas participan nunha andaina guiada pola Ruta dos Pescadores

4 de agosto de 2021

Senderismo

Un total de 10 persoas realizaron este domingo unha andaina pola Ruta dos Pescadores, dentro do programa “Descrubre Boqueixón”, posto en marcha polo concello co fin de coñecer o patrimonio local.

As persoas participantes, acompañadas pola técnico de Turismo do Concello, iniciaron o itinerario dende a Ponte Ledesma. Tras visitar a Ponte Vella e as Ínsuas de Gres, continuaron por unha antiga ruta de Pescadores e continuaron pola senda, caracterizada por ter unhas vistas de gran beleza, ata a parroquia de Donas.

Durante o desenvolvemento da actividade, respectáronse as medidas hixiénico-sanitarias, facendo uso obrigatorio das máscaras, así como manter o distancia de seguridade e a limpeza de mans.

“Descubre Boqueixón” é un programa de visitas guiadas de balde a distintos puntos de interese turístico do municipio, que pode realizarse calquera día da semana. Para participar, as persoas interesadas deben inscribirse previamente a través do e-mail boqueixonturismo@gmail.com ou do teléfono 981 513 061.

Compartir
WhatsApp Facebook Correo