
A Red Araña (Red de entidades polo emprego, www.empleoenred.org) oferta o programa “Aulas TIC” para axudar ás persoas desempregadas na búsqueda de emprego. Trátase dunha acción de balde que abarca os servizos de orientación laboral, taller de habilidades sociais, formación en TICS e intermediación laboral.
Para máis información, as persoas interesadas deberán poñerse en contacto coa Red Araña a través do teléfono 988 107 629 ou no enderezo electrónico proyectosaranha@gmail.com.
