Ir al contenido

Concello de Boqueixón

Main Menu
  • O CONCELLO
    • ALCALDÍA
    • ÁREAS MUNICIPAIS
    • XUNTA DE GOBERNO
    • ACTAS XUNTA DE GOBERNO
    • DECRETOS
    • ORDENANZAS
    • O PLENO – CORPORACIÓN
    • O PLENO – ACTAS
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • ARQUIVO
    • BIBLIOTECA
    • CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER (CIM)
    • CULTURA
    • DEPORTES
    • FORMACIÓN, EMPREGO E TURISMO
    • OBRAS E SERVIZOS
    • SERVIZOS XERAIS
    • SERVIZOS SOCIAIS
    • URBANISMO
    • XUVENTUDE (OMIX)
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • DESCRICIÓN XEOGRÁFICA
    • DIRECTORIO
    • ESTADÍSTICAS
    • FESTIVIDADES
    • HISTORIA
    • RUEIRO DE LESTEDO
    • PARROQUIAS
    • PERSOEIROS
    • TOPONIMIA
  • TURISMO
    • ALOXAMENTO
    • AREAS NATURAIS E RUTAS
    • FESTAS E FEIRAS
    • FOLLETO TURÍSTICO
    • GALERÍAS
    • GASTRONOMÍA
    • O PICO SACRO
  • BUSCAR
  • CORREO
  • CONTACTA CON NOS
Main Menu
  • O CONCELLO
    • GOBERNO
      • Actas Xunta de Goberno
      • Alcaldía
      • Áreas Municipais
      • Decretos
      • Ordenanzas
      • Xunta de Goberno
    • O PLENO
      • Actas
      • Corporación
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • Servizos Xerais
    • Obras e Servizos
    • Urbanismo
    • Deportes
    • Xuventude (OMIX)
    • Formación, Emprego e Turismo
    • Cultura
    • Servizos Sociais
    • Centro de Información á Muller (CIM)
    • Biblioteca
    • Arquivo
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • Estadísticas
    • Descrición Xeográfica
    • Directorio
    • Festividades
    • Historia
    • Parroquias
    • Persoeiros
    • Rueiro de Lestedo
    • Toponimia
  • TURISMO
    • Aloxamento
    • Áreas Naturais e Rutas
    • Festas e Feiras
    • Folleto Turístico
    • Galerías
    • Gastronomía
    • O Pico Sacro
  • SEDE ELECTRÓNICA
  • TABOLEIRO DE ANUNCIOS
  • PORTAL DA TRANSPARENCIA

Concello de Boqueixón

Contacta con nós
Correo concello
  • Categoría (s): AXUDAS, Boqueixon
  • Publicada o 7 septiembre 2021

Tres veciños/as de Boqueixón recibiron axudas do programa de adquisición de vivenda en concellos de menos de 5.000 habitantes

Vivenda

A Xunta de Galicia esgotará o crédito dispoñible para o programa de adquisición de vivenda nun concello de menos de 5.000 habitantes, como Boqueixón, coa concesión ao abeiro da convocatoria de 2021 de máis dun cento de axudas a persoas menores de 35 anos. Así o anunciou hoxe a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, durante a súa visita á vivenda dunha parella de Boqueixón beneficiaria dunha axuda deste programa, cuxo prazo de presentación de solicitudes rematou o pasado 1 de setembro.

Ángeles Vázquez, quen estivo acompañada polo alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández Munín, visitou a vivenda de Noelia Álvarez, veciña de Codeso (Boqueixón), quen recibiu unha axuda de 10.800 euros para a compra da súa vivenda. Unhas axudas das que tamén beneficiaron outras dúas familias de Boqueixón menores de 35 anos.

“Queremos seguir vertebrando o rural galego, que os mozos opten por estas zonas de paisaxes envexables e en concellos, como o caso de Boqueixón, que contan con todo tipo de servizos; para que -como no caso da parella que hoxe felicitou a propia conselleira- poidan criar aos seus fillos en plena natureza”; defendeu Ángeles Vázquez.

Expedientes

A conselleira aclarou que na actualidade o Instituto Galego da Vivenda e o Solo xa resolveu un total de 96 expedientes, que suman un importe de 660.000 euros, e que nas vindeiras semanas se seguirán atendendo as solicitudes presentadas para adxudicar o importe restante, ata chegar aos 800.000 euros, o orzamento da convocatoria do actual exercicio. Segundo manifestou a conselleira o éxito deste programa está avalado polos resultados recollidos desde a súa primeira convocatoria, no ano 2018, cando se concederon 24 solicitudes de axuda; mentres que “hoxe o número de beneficiarios xa se multiplica por catro”, matizou.

Ángeles Vázquez salientou que este programa cobra máis importancia se se ponderan os beneficios e obxectivos acadados, pois “estes incentivos e apoios, pequenos pero importantes” son un balón de osíxeno para axudar á mocidade a emanciparse. Indicou que coas catro convocatorias xa pechadas (2018-2020) se propiciou a formación de case 270 novos fogares en concellos pequenos e rurais, polo que este programa tamén é unha mostra da loita do Goberno galego contra o despoboamento. Asemade, indicou que tamén se consegue un terceiro obxectivo; como é a recuperación urbanística e do patrimonio edificatorio, ao mobilizar o parque de vivendas – nova ou usada- que se sitúan nun dos 215 concellos con menos de 5.000 habitantes que hai en Galicia.

Por último, a conselleira recordou que esta liña de actuación está recollida no Pacto Social pola Vivenda promovido pola Xunta e asinado por dez entidades e colectivos representativos do sector en Galicia para mobilizar máis de 1.080 millóns de euros entre fondos públicos e privados a través de case 50 medidas e accións estratéxicas nos vindeiros cinco anos.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025

2025 Concello de Boqueixón

@lmco 2025

981 513061 | Forte, s/n 15881Boqueixón

  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
Facebook-f
Concello de Boqueixón
Aviso legal
Utilizamos cookies para optimizar o noso sitio web e o noso servicio.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
0
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.
  • Administrar opciones
  • Gestionar los servicios
  • Gestionar {vendor_count} proveedores
  • Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}