O centro sociocultural de Ledesma acollerá clases de Ioga e Benestar

O Concello de Boqueixón e Agora Yoga, centro de ioga integral, convocan clases de Ioga e Benestar, que darán comezo este mesmo mes de outubro no Centro Sociocultural de Ledesma. Haberá dous niveis: Iniciación 1 (venres, de 17:30 a 19:00 horas) e Iniciación 2 (venres de 19:00 a 20:30 horas).

O prezo é de 25 euros/mes e o número de prazas é limitado. Máis información e reservas no Departamento de Cultura (981 51 31 15), presentando a documentación adxunta debidamente cuberta.

 

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025