Ir al contenido

Concello de Boqueixón

Main Menu
  • O CONCELLO
    • ALCALDÍA
    • ÁREAS MUNICIPAIS
    • XUNTA DE GOBERNO
    • ACTAS XUNTA DE GOBERNO
    • DECRETOS
    • ORDENANZAS
    • O PLENO – CORPORACIÓN
    • O PLENO – ACTAS
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • ARQUIVO
    • BIBLIOTECA
    • CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER (CIM)
    • CULTURA
    • DEPORTES
    • FORMACIÓN, EMPREGO E TURISMO
    • OBRAS E SERVIZOS
    • SERVIZOS XERAIS
    • SERVIZOS SOCIAIS
    • URBANISMO
    • XUVENTUDE (OMIX)
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • DESCRICIÓN XEOGRÁFICA
    • DIRECTORIO
    • ESTADÍSTICAS
    • FESTIVIDADES
    • HISTORIA
    • RUEIRO DE LESTEDO
    • PARROQUIAS
    • PERSOEIROS
    • TOPONIMIA
  • TURISMO
    • ALOXAMENTO
    • AREAS NATURAIS E RUTAS
    • FESTAS E FEIRAS
    • FOLLETO TURÍSTICO
    • GALERÍAS
    • GASTRONOMÍA
    • O PICO SACRO
  • BUSCAR
  • CORREO
  • CONTACTA CON NOS
Main Menu
  • O CONCELLO
    • GOBERNO
      • Actas Xunta de Goberno
      • Alcaldía
      • Áreas Municipais
      • Decretos
      • Ordenanzas
      • Xunta de Goberno
    • O PLENO
      • Actas
      • Corporación
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • Servizos Xerais
    • Obras e Servizos
    • Urbanismo
    • Deportes
    • Xuventude (OMIX)
    • Formación, Emprego e Turismo
    • Cultura
    • Servizos Sociais
    • Centro de Información á Muller (CIM)
    • Biblioteca
    • Arquivo
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • Estadísticas
    • Descrición Xeográfica
    • Directorio
    • Festividades
    • Historia
    • Parroquias
    • Persoeiros
    • Rueiro de Lestedo
    • Toponimia
  • TURISMO
    • Aloxamento
    • Áreas Naturais e Rutas
    • Festas e Feiras
    • Folleto Turístico
    • Galerías
    • Gastronomía
    • O Pico Sacro
  • SEDE ELECTRÓNICA
  • TABOLEIRO DE ANUNCIOS
  • PORTAL DA TRANSPARENCIA

Concello de Boqueixón

Contacta con nós
Correo concello
  • Categoría (s): AXUDAS, Boqueixon
  • Publicada o 10 noviembre 2021

Convocadas axudas para rehabilitación enerxética de vivendas, que poderán solicitarse a partir do 3 de xaneiro

rehabilitación enerxética

O Concello de Boqueixón informa de que a Xunta de Galicia vén de convocar un novo programa de axudas, o PREE 5.000, para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes en municipios como Boqueixón. O importe destas axudas pode cubrir ata o 100% do custo das obras.

As persoas interesadas en acollerse a estas subvencións poderán solicitalas entre o 3 de xaneiro de 2022 e o 30 de setembro, para que dispoñan de marxe suficiente para preparar toda a documentación precisa.

Estas axudas están abertas ás persoas físicas ou xurídicas de natureza privada así como ás comunidades ou agrupacións de comunidades de propietarios que sexan titulares de inmobles nos que se vaian acometer as actuacións subvencionables. Así mesmo, os traballos a executar deberán encadrarse nunha ou en varias das seguintes tipoloxías: mellora da eficiencia enerxética da envolvente térmica; mellora da eficiencia enerxética e uso de enerxías renovables nas instalacións térmicas de calefacción, climatización, refrixeración, ventilación e auga quente sanitaria; e mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación.

Máis información:

 

Axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes (Programa PREE 5000)

 

Normativa

 

Real Decreto 691/2021, polo que se regulan as subvencións para outorgar a actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes (BOE nº 185 do 4/08/2021)

Información sobre o programa PREE 5000

Resolución do 26 de outubro de 2021 pola que se convoca o Programa de axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes en municipios de reto demográfico, incluído no Programa de rexeneración e reto demográfico do Plan de rehabilitación e rexeneración urbana do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (programa PREE 5000), para a anualidade 2022, con carácter plurianual. (DOG nº 212 do 4/11/2021)  VI406D

 

 

Obxecto

 

Convocar o Programa de axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes en municipios de reto demográfico (programa PREE 5000), para a anualidade 2022, con carácter plurianual.

Entenderase por municipios de reto demográfico os municipios de ata 5.000 habitantes e os municipios non urbanos de ata 20.000 habitantes en que todas as súas entidades singulares de poboación sexan de ata 5.000 habitantes. Para a determinación dos municipios de reto demográfico teranse en conta as cifras publicadas da revisión do padrón municipal referidas ao 1 de xaneiro de 2020, así como as que figuren no Nomenclátor do INE e no Atlas Estatístico das Áreas Urbanas do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, aos que poderán engadirse os novos municipios que resulten das revisións e actualizacións que poidan ser publicadas en ambas as fontes oficiais antes da finalización do prazo para a presentación de solicitudes fixado no ordinal sétimo.

Municipios de reto demográfico (IDAE)  | Listaxe concellos reto demográfico Galicia

 

 

Persoas

ou

entidades beneficiarias

 

Poderán ser beneficiarias destas axudas, sempre que teñan residencia fiscal en España:

a.     As persoas físicas ou xurídicas de natureza privada que sexan propietarias de vivendas unifamiliares ou de edificios de tipoloxía residencial colectiva de vivenda existentes.

b.     As comunidades de persoas propietarias ou as agrupacións de comunidades de persoas propietarias de edificios residenciais de uso vivenda, constituídas conforme o disposto polo artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, de propiedade horizontal.

c.     As persoas propietarias que de forma agrupada sexan propietarias de edificios que reúnan os requisitos establecidos no artigo 396 do Código civil e non outorgasen o título constitutivo de propiedade horizontal.

Para que as persoas físicas sexan beneficiarias, ben a titulo individual, o ben, en canto pertencentes a unha comunidade ou agrupación de persoas propietarias das previstas nas letras b) ou c)  deberán posuír a nacionalidade española ou a de algún dos Estados membros da UE ou do Espazo Económico Europeo ou Suíza. No caso de estranxeiros non comunitarios, deberán ter residencia legal en España.

 

Actuacións subvencionables

 

 

Ao abeiro do establecido no artigo 17.7 do Real decreto 691/2021, do 3 de agosto, as actuacións subvencionables deben cumprir cos requisitos específicos que se establecen para cada unha delas no anexo IV do citado real decreto e encadrarse nunha ou varias das seguintes tipoloxías:

a.     Mellora da eficiencia enerxética da envolvente térmica (tipoloxía 1).

b.     Mellora da eficiencia enerxética e uso de enerxías renovables nas instalacións térmicas de calefacción, climatización, refrixeración, ventilación e auga quente sanitaria (tipoloxía 2).

c.     Mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación (tipoloxía 3).

As actuacións subvencionables deberán realizarse en edificacións existentes construídas con anterioridade ao ano 2007, nas seguintes opcións:

  • En vivendas unifamiliares ou edificios de tipoloxía residencial colectiva de vivenda (aqueles en que polo menos un 70 % da superficie construída sobre rasante do edificio estea destinada a uso residencial) (opción A).
  • En vivendas dun edificio de tipoloxía residencial colectiva de vivenda, consideradas individualmente (opción B).

O orzamento destinado ás actuacións que se realicen en vivendas dun edificio de tipoloxía residencial colectiva de vivenda, consideradas individualmente (opción B)  non poderá superar o importe de 914.549 euros na anualidade de 2022 e de 914.549 euros na anualidade de 2023.

O orzamento destinado a actuacións subvencionables promovidas por persoas xurídicas de natureza privada en cada unha das anualidades non poderá superar o importe de 180.000 euros.

Estas actuacións deberán acadar as dúas seguintes condicións:

  • Unha redución do consumo de enerxía primaria non renovable do 30 % respecto á situación actual do edificio.
  • A mellora da cualificación enerxética total do edificio en, polo menos, unha letra medida na escala de emisións de dióxido de carbono (kg CO2/m2 ano). Este último criterio non será de aplicación cando o edificio acredite ter unha cualificación enerxética A.

Para a obtención das condicións anteriores poderanse combinar as actuacións que se vaian realizar; non será necesario o seu cumprimento por cada actuación individualmente.

 

 

Actuacións non subvencionables

 

Non serán subvencionables as seguintes actuacións:

a.     As realizadas en edificios de nova construción.

b.     As intervencións en edificios existentes que supoñan unha ampliación, nos cales se incremente a superficie ou volume construído.

c.     As intervencións en edificios existentes que supoñan un cambio de uso do edificio.

Tampouco serán subvencionables as actuacións iniciadas con anterioridade á data de rexistro da solicitude desta axuda.

d.     Polo menos o 70 % (en peso) dos residuos de construción e demolición non perigosos (excluído o material natural mencionado na categoría 17 05 04 na Lista europea de residuos establecida pola Decisión 2000/532/EC) xerados no sitio de construción prepararase para a súa reutilización, reciclaxe e valorización.

e.     En materia de rehabilitación enerxética, os compoñentes e materiais de construción utilizados no desenvolvemento das actuacións previstas nesta medida non conterán amianto nin substancias moi preocupantes identificadas a partir da lista de substancias suxeitas á autorización do anexo XIV do Regulamento (CE) nº 1907/2006.

O prazo máximo para a conclusión das actuacións obxecto da axuda será o que se fixe na resolución de concesión, sen que poida superar os 18 meses contados desde a data da notificación da resolución de concesión da axuda.

 

Documentación

 

Solicitude e documentación complementaria

 

Lugar de presentación

 

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

 

Prazo de presentación de solicitudes

 

Desde o día 3 de xaneiro ata o 30 de setembro de 2022, salvo que con anterioridade se esgotase o crédito orzamentario, o que será obxecto de publicación no DOG e na páxina web do IGVS.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025

2025 Concello de Boqueixón

@lmco 2025

981 513061 | Forte, s/n 15881Boqueixón

  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
Facebook-f
Concello de Boqueixón
Aviso legal
Utilizamos cookies para optimizar o noso sitio web e o noso servicio.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
0
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.
  • Administrar opciones
  • Gestionar los servicios
  • Gestionar {vendor_count} proveedores
  • Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}