A Casa da Cultura de Camporrapado acollerá este domingo 14 de novembro, ás 17:30 horas, a segunda sesión do ciclo de teatro BocAberta, dirixido a un público adulto. A proposta desta semana é a comedia “O Rei Telesforo busca noiva (e quere noivo)”, a cargo do grupo municipal de teatro de Ribeira.
Como en todas as sesións, a asistencia é gratuíta pero é necesario reservar a entrada no Departamento de Cultura, chamando ao 981 513 115 ou enviando un mail a cultura@boqueixon.gal. As persoas que asistan deberán manter as medidas preventivas anticovid: usar xel hidroalcohólico, levar máscara e manter a distancia de seguridade.
O ciclo de teatro BocAberta está organizado polo Concello de Boqueixón, en colaboración coa Deputación da Coruña. A próxima sesión terá lugar o domingo 21 de novembro, data na que Bradomín Teatro porá sobre o escenario da Casa da Cultura de Camporrapado a obra “Un convento moi contento”.