O Concello de Boqueixón vén de adiar ata o martes 14 de decembro o fallo do VII Concurso de Fotografía “Paisaxes de Boqueixón”, que tiña previsto facer público hoxe venres 10 de decembro. Finalmente, o xurado dará a coñecer a súa decisión o próximo martes 14 de decembro a través da web municipal e individualmente tanto ás tres persoas premiadas como aos doce autores/-as seleccionados/as para formar parte do calendario co Concello de Boqueixón 2022. A esta edición presentáronse un total de 67 imáxenes, que podes ver neste enlace.
- Categoría (s): Boqueixon, CULTURA
- Publicada o 10 diciembre 2021