Fallo do xurado do VII Concurso de Fotografía «Paisaxes de Boqueixón»

O xurado do VII Concurso de fotografía “Paisaxes de Boqueixón” composto por Lorena González Vázquez (Lorena do Merlo- Fotografía),  Montserrat  Franqueiro Couto (Merillotes –Fotografía), Carlos Suárez González (Nós Comunicación) e Rosario Iglesias Iglesias, técnica municipal de Cultura, con voz e sen voto, logo de comprobar o cumprimento dos requisitos de participación das 67 fotografías presentadas ao concurso, proceden a puntuar cada unha delas, cun máximo 54 puntos, tendo en conta os criterios de calidade técnica, composición, impacto visual,  mensaxe transmitida, creatividade e dificultade.

De entre as 67 fotografías presentadas a concurso, o xurado decidiu premiar:

1º premio. Alejandra Fernández Vilela por «O rei da Ponte». 51 puntos (foto 8).

2º premio. Elisabet López Carvalhais por «Pico Sacro e mar de nubes». 50 puntos (foto 13).

3º premio. Antía Castro Vázquez por «Amencer desde o Pico». 49 puntos (foto 52).

O resto das fotografías seleccionadas para a confección do calendario son:

  • Olalla González Rendo. «Brisa de verán». 46 puntos (foto 56).
  • David Domínguez Gómez. «O val do Ulla». 44 puntos (foto 65).
  • Yolanda Rodríguez Lamego. «Amencer». 44 puntos (foto 49).
  • Victoriano García García. «Amencer con néboa». 43 puntos (foto 46).
  • Andrea Seoane Rodríguez. «Hora dourada». 43 puntos (foto 16).
  • Mercedes Rendo Maceira. «Raios de sol en Donas». 42 puntos (foto 32).
  • Antía Castro Vázquez. «Día nubrado desde a cima do Pico». 42 puntos (foto 62).
  • Alejandra Fernández Vilela. «A maxia dos reflexos». 42 puntos (foto 5).
  • Santiago Riveiro Calviño. «O solpor da Raíña Lupa». 41 puntos (foto 29).

Parabéns a todas e todos!

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025