Importantes baixadas dos casos diagnosticados en Boqueixón tanto a 7 como a 14 días

Hoxe mércores 26 de xaneiro chega con boas novas en canto ao número de casos diagnosticados en Boqueixón que, por primeira vez en varias semanas, rexistran unha importante baixada tanto a 7 como a 14 días. Así, o número de positivos no municipio é de 57, seis menos ca onte. A catorce días esta cifra é de 101 casos, nove menos co martes.

Unha baixada que tamén continúa a nivel autonómico. A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa de que o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 65.841 deles 14.141 son da área da Coruña, 6.610 da de Lugo, 6.767 da de Ourense, 7.711 da de Pontevedra, 17.338 da área de Vigo, 10.158 da de Santiago e 3.116 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 48 están en UCI, 581 en unidades de hospitalización e 65.212 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 324.379 persoas curadas, rexistrándose 2.897 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.522.414. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.326.523.

Lembra que o número 061 está só para emerxencias ou casos graves, polo que debes utilizar o número 881 54 00 45 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus. Ademais, o Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web https://coronavirus.sergas.gal/ na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025