
O Concello de Boqueixón informa de que a Secretaría Xeral de Política Lingüística vén de convocar as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis CELGA 1, 2, 3 e 4 no ano 2022. O prazo para matricularse vai do 21 de marzo ao 8 de abril e as probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada en maio ou xuño. Podes consultar a convocatoria no DOG.
Máis información no Portal da Lingua Galega, onde tamén estarán dispoñibles cursos de autoformación para preparar as probas a partir dos próximos días.
