Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Formación e emprego

Convocadas as probas para obter os Celgas 1, 2, 3 e 4 no ano 2022

5 de maio de 2022

Celga

O Concello de Boqueixón informa de que a Xunta de Galicia xa deu a coñecer as datas de realización das probas para obter os Certificados de Lingua Galega (Celga) 1, 2, 3 e 4 no ano 2022. Unhas probas que terán lugar en Santiago de Compostela os seguintes días:

  • Celga 4: 28 de maio (para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: T, U, V, W, X, Y, Z, A, B, C, D, E, F e G) e 29 de maio de 2022 (para o resto)
  • Celga 3: 4 de xuño de 2022
  • Celga 2: 5 de xuño de 2022
  • Celga 1: 11 de xuño de 2022

Os centros e horarios serán publicados neste mesmo web na web da Secretaría Xeral de Política Lingüística: preme aquí.

Compartir
WhatsApp Facebook Correo