Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Formación e emprego

Oferta de emprego: empregada do fogar en Sergude

11 de maio de 2022

empregoboqueixon

O Concello de Boqueixón informa desta oferta de empregada do fogar para tarefas de cociña, limpeza e acompañamento a unha persoa maior en Sergude. O horario previsto é de luns a venres de 10.00h a 14.00 horas (posibilidade de adaptar o horario de saída un pouco antes ou despois). A duración do contrato sería ata xuño con posibilidade de ampliación.

TAREFAS A DESENVOLVER:

  • Supervisar que a persoa prepara o almorzo e toma as mediciñas.
  • Dar un paseo pola zona duns 20-30 min.
  • En función do día: acompañar ao médico, perruquería, preparar medicación, podólogo…
  • Tarefas de limpeza e mantemento do fogar.
  • Preparación da comida.

REQUÍRESE:

IMPRESCINDIBLE:

  • Carné de conducir e vehículo propio.
  • Responsabilidade, capacidade de organización e resolución, empatía e axilidade.
  • Que lle gusten os cans (hai un can na casa).

VALÓRASE:

  • Residir cerca da zona.
  • Experiencia previa no acompañamento a persoas maiores e tarefas do fogar.
  • Persoa alegre e extrovertida.
  • Dispoñibilidade horaria para posibles urxencias (non é imprescindible)

As persoas interesadas poden enviar seu CV a: beatrizlorenzoparedes@gmail.com indicando oferta de coidadora-limpiadora.

Compartir
WhatsApp Facebook Correo