Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Formación e emprego

O CFEA de Sergude organiza o curso “Manexo de forraxes en vacún de leite”

27 de maio de 2022

O Concello de Boqueixón informa de que o CFEA de Sergude organiza o curso “Manexo de forraxes en vacún de leite”, que terá lugar en Quián os días 1 e 2 de xullo. Serán 8 horas formativas en horario de tarde (de 16:00 a 20:00 horas o 1 de xullo) e de mañá (de 10:00 a 14:00 horas, o 2 de xullo).

O curso ofrece ao alumnado a posibilidade de dominar os conceptos básicos relacionados cos cultivos forraxeiros en réxime extensivo, dando prioridade aos que máis importancia teñen en Galicia. Analizaranse o uso de cultivos tanto para a produción de gran-penso ou como forraxe en verde ou conservado, con especial mención á parte de pratenses e forraxeiras. Consulta o programa.

Aquelas persoas que estean interesadas, poden presentar a súa pre-solicitude nesta dirección: https://ovmediorural.xunta.gal/es/consultas-publicas/acciones-formativas

Adxuntos

Compartir
WhatsApp Facebook Correo