Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Actualidade

Concentración en homenaxe e recoñecemento ás vítimas do terrorismo

13 de xullo de 2022

A casa consistorial de Boqueixón acolleu ás 12:00 horas de hoxe mércores 13 de xullo unha concentración de homenaxe e recoñecemento ás vítimas do terrorismo na que se gardaron 5 minutos de silencio como mostra de solidariedade con todas as vítimas e en repulsa de calquera clase de acto terrorista.

O Concello de Boqueixón únese así á convocatoria enviada pola Federación Española de Municipios e Provincias, e respaldada pola Federación Galega de Municipios e Provincia, aos Gobernos locais con motivo do 25 aniversario do asasinato do concelleiro de Ermua, Miguel Ángel Blanco.

Compartir
WhatsApp Facebook Correo