Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Formación e emprego

Venres de Consumo Responde: Os dereitos das persoas consumidoras no verán

13 de xullo de 2022

venres

O Concello de Boqueixón informa de que a Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego de Consumo e da Competencia, pon a disposición da cidadanía os “Venres de consumo responde”. Unha iniciativa que terá lugar, de forma gratuíta e aberta a toda a veciñanza, a través da aula virtual de consumo este venres 15 de xullo, ás 10:30 horas. A charla será “Os dereitos das persoas consumidoras no verán”.

A participación é totalmente de balde, polo que calquera veciño ou veciña de Boqueixón que queira acceder a esta charla só ten que seguir estes pasos:

  1. Entrar na web do IGCC este venres ás 10.30 horas: https://consumo.xunta.gal/gl
  2. Facer click na imaxe «Venres de consumo»
  3. Entrarás nunha aula de Videoconferencia. Aquí tes dúas opcións:
  • Se tes Webex instalado, uniraste directamente cando premas «Acceder»
  • Se non tes Webex, preme «Unirse desde o navegador».
Compartir
WhatsApp Facebook Correo