Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Cultura

Le Circo Chosco porá en escena “Riscando o ceo” o 12 de agosto no Forte

3 de agosto de 2022

As instalacións deportivas do Forte acollerán o próximo venres 12 de agosto, ás 10:00 horas, a actuación de Le Circo Chosco, co seu espectáculo “Riscando o ceo”. Trátase dun espectáculo para todos os públicos, de 45 minutos de duración, de clown, acrobacias, malabares, maxia e equilibrios.

“Riscando o ceo” trasládanos a un mundo onde o circo aparece en forma de humor, maxia, risco, malabares, acrobacias e equilibrios imposibles. Un ton absurdo e reflexivo que fará que nos reformulemos o esencial das cousas.

Reserva a túa entrada en cultura@boqueixon.gal ou chamando ao 981 513 115.

Compartir
WhatsApp Facebook Correo