O próximo mes de setembro teran lugar dúas formacións en liña sobre cooperativas: “Lánzate a emprender en cooperativa” e “Ideas cooperativas en acción”. Enmárcanse na Rede Eusumo, organizado por Unión de Cooperativas EspazoCoop.
A formación comezará o 13 de Setembro en modalidade teleformación, a través da plataforma da Aula Virtual de EspazoCoop. A docencia estará a cargo dos formadores e formadoras da Unión de Cooperativas.
Ambos cursos son gratuítos, previa inscrición previa. As persoas interesadas poden anotarse neste formulario: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScA8Wyp92HR7HNIclTKHadblz07kPJAIPlFoQzIk4MzPN_8tA/viewform