Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Cultura

Boqueixón acollerá o 3 de setembro unha xornada de Observación da Lúa crecente

23 de agosto de 2022

concello de boqueixon

Boqueixón acollerá o próximo sábado 3 de setembro unha xornada gratuíta de Observación da Lúa crecente no que se poderá visionar xúpiter, saturno e estrelas dobres.

O Pico Sacro será o lugar para o desenvolvemento desta actividade, que comezará ás 21.30 horas. O taller será impartido por integrantes do equipo do Observatorio Astronómico Ramón María Aller (OARMA) da USC. Esta cita astronómica está organizada polo Departamento de Educación e Cultura do Concello de Boqueixón, en colaboración co Observatorio Astronómico Ramón María Aller e Turismo de Galicia –dentro do programa O Camiño das Estrelas. As estrelas do Camiño, O teu Xacobeo–.

Para participar hai que anotarse no Departamento de Cultura, no 981 51 31 15.

 

Compartir
WhatsApp Facebook Correo