Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Actualidade

A Asociación Cultural Mestre Manuel Gacio abre o prazo para apuntarse ás súas actividades

31 de agosto de 2022

matrícula aberta curso 2022/23

O concello de Boqueixón informa que a Asociación Cultural Mestre Manuel Gacio abre mañá, xoves un de setembro, o prazo para inscribirse nas súas actividades culturais de cara ao ano escolar 2022/2023. As iniciativas nas que se pode participar son:

  • Acordeón
  • Baile Tradicional
  • Canto e pandeireta tradicional
  • Gaita
  • Percusión tradicional
  • Requinta

As persoas interesadas poden enviar un mail solicitando información a acmestremanuelgacio@gmail.com.

Un programa no que colabora o Concello de Boqueixón.

Compartir
WhatsApp Facebook Correo