Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Actualidade

Venres de Consumo Responde: a volta ao cole

14 de setembro de 2022

O Concello de Boqueixón informa de que a Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego de Consumo e da Competencia, retoma o programa a disposición da cidadanía: «Venres de consumo responde». Unha iniciativa que terá lugar, de forma gratuíta e aberta a toda a veciñanza, a través da aula virtual de consumo este venres 16 de setembro, ás 12:30 horas. A charla será «A volta ao cole» e nela farase unha pequena exposición sobre os dereitos que teñen as familias neste inicio de curso e se responderá a todas as dúbidas en materia de consumo.

A participación é totalmente de balde, polo que calquera veciño ou veciña de Boqueixón que queira acceder a esta charla só ten que seguir estes pasos:

  1. Entrar na web do IGCC este venres ás 12.30 horas: https://consumo.xunta.gal/gl
  2. Facer click na imaxe «Venres de consumo»
  3. Entrarás nunha aula de Videoconferencia. Aquí tes dúas opcións:
  • Se tes Webex instalado, uniraste directamente cando premas «Acceder»
  • Se non tes Webex, preme «Unirse desde o navegador».
Compartir
WhatsApp Facebook Correo