Ir al contenido

Concello de Boqueixón

Main Menu
  • O CONCELLO
    • ALCALDÍA
    • ÁREAS MUNICIPAIS
    • XUNTA DE GOBERNO
    • ACTAS XUNTA DE GOBERNO
    • DECRETOS
    • ORDENANZAS
    • O PLENO – CORPORACIÓN
    • O PLENO – ACTAS
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • ARQUIVO
    • BIBLIOTECA
    • CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER (CIM)
    • CULTURA
    • DEPORTES
    • FORMACIÓN, EMPREGO E TURISMO
    • OBRAS E SERVIZOS
    • SERVIZOS XERAIS
    • SERVIZOS SOCIAIS
    • URBANISMO
    • XUVENTUDE (OMIX)
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • DESCRICIÓN XEOGRÁFICA
    • DIRECTORIO
    • ESTADÍSTICAS
    • FESTIVIDADES
    • HISTORIA
    • RUEIRO DE LESTEDO
    • PARROQUIAS
    • PERSOEIROS
    • TOPONIMIA
  • TURISMO
    • ALOXAMENTO
    • AREAS NATURAIS E RUTAS
    • FESTAS E FEIRAS
    • FOLLETO TURÍSTICO
    • GALERÍAS
    • GASTRONOMÍA
    • O PICO SACRO
  • BUSCAR
  • CORREO
  • CONTACTA CON NOS
Main Menu
  • O CONCELLO
    • GOBERNO
      • Actas Xunta de Goberno
      • Alcaldía
      • Áreas Municipais
      • Decretos
      • Ordenanzas
      • Xunta de Goberno
    • O PLENO
      • Actas
      • Corporación
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • Servizos Xerais
    • Obras e Servizos
    • Urbanismo
    • Deportes
    • Xuventude (OMIX)
    • Formación, Emprego e Turismo
    • Cultura
    • Servizos Sociais
    • Centro de Información á Muller (CIM)
    • Biblioteca
    • Arquivo
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • Estadísticas
    • Descrición Xeográfica
    • Directorio
    • Festividades
    • Historia
    • Parroquias
    • Persoeiros
    • Rueiro de Lestedo
    • Toponimia
  • TURISMO
    • Aloxamento
    • Áreas Naturais e Rutas
    • Festas e Feiras
    • Folleto Turístico
    • Galerías
    • Gastronomía
    • O Pico Sacro
  • SEDE ELECTRÓNICA
  • TABOLEIRO DE ANUNCIOS
  • PORTAL DA TRANSPARENCIA

Concello de Boqueixón

Contacta con nós
Correo concello
  • Categoría (s): AXUDAS, Boqueixon
  • Publicada o 4 octubre 2022

Particulares e comunidades de veciños poden optar a axudas de ata 12.500€ para facer máis accesibles as súas vivendas e edificios

O Concello de Boqueixón informa de que o DOG de hoxe publica a convocatoria do programa de axudas para financiar obras de mellora da accesibilidade en casas e edificios, cun orzamento de 4,3 millóns de euros e incentivos que serán de, como máximo, 6.000 € por vivenda no caso de que esta forme parte dun edificio residencial, de 9.000 € se a intervención busca mellorar a accesibilidade nun edificio, e de ata 12.500 € se se trata dunha vivenda unifamiliar.

Estas subvencións, que poderán solicitarse a partir de mañá mércores 5 de outubro e ata o vindeiro 7 de novembro, van dirixidas a apoiar aos propietarios no financiamento de intervencións sobre vivendas unifamiliares e edificios de uso colectivo, incluíndo obras tanto nos espazos comúns do inmoble como individualmente nas vivendas que o compoñen. Poderán acollerse ao programa as persoas propietarias ou usufrutuarias dos inmobles, as comunidades de veciños ou as sociedades cooperativas.

O obxectivo é levar a cabo actuacións que permitan suprimir barreiras arquitectónicas en edificios e vivendas de uso residencial. Entre as obras subvencionables inclúense a instalación de ascensores, salvaescaleiras, ramplas ou motorizados para a apertura de portas; as reformas dos accesos desde a vía pública; a colocación de produtos de apoio como guindastres, sistemas tecnolóxicos de guiado, sinais luminosos e visuais e dispositivos electrónicos de comunicación entre as vivendas e o exterior. As actuacións non poderán estar iniciadas con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2022 nin finalizadas antes da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia. Así mesmo, o prazo de cada obra non poderá exceder de 12 meses en vivendas unifamiliares e de 24 meses en edificios residenciais.

No que respecta á contía das axudas, chegarán a, como máximo, o 60% do custo da actuación, aínda que esta porcentaxe poderá subir ata o 80% se na vivenda ou no edificio en cuestión reside unha persoa con discapacidade ou maior de 65 anos. Máis polo miúdo, no caso de que a subvención se solicite para intervir sobre un edificio co fin de mellorar a súa accesibilidade, os incentivos serán de ata 9.000 euros por vivenda e de 90 euros por metro cadrado de superficie construída de local comercial. Se a solicitude de financiamento ten que ver cunha actuación que se realiza no interior dunha vivenda que forma parte dun edificio residencial colectivo, o importe da axuda será de 6.000 euros, e por último, se se trata dunha unifamiliar, o propietario poderá recibir ata 12.500 euros para facela máis accesible.

En calquera caso, nos tres supostos a axuda incrementarase ata os 15.000 euros por vivenda se na mesma reside unha persoa con discapacidade e ata os 18.000 euros se acredita un grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33%. Ademais, no suposto de edificios ou vivendas Ben de Interese Cultural (BIC), catalogados ou que teñan algún tipo de protección, os importes mencionados poderán incrementarse en 3.000 euros.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025

2025 Concello de Boqueixón

@lmco 2025

981 513061 | Forte, s/n 15881Boqueixón

  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
Facebook-f
Concello de Boqueixón
Aviso legal
Utilizamos cookies para optimizar o noso sitio web e o noso servicio.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
0
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.
  • Administrar opciones
  • Gestionar los servicios
  • Gestionar {vendor_count} proveedores
  • Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}