Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Axudas

A Xunta convoca axudas para realizar actividades de interese agrario dirixidas a organización profesionais e asociacións agrarias

31 de outubro de 2022

O Concello de Boqueixón informa de que o DOG de hoxe publica a orde da Consellería do Medio Rural pola que se convocan as axudas ás organizacións profesionais e asociacións agrarias para a realización de actividades do seu interese. Conta cun orzamento total de 600.000 euros. Aquelas organizacións profesionais e asociacións agrarias interesadas disporán dun mes, contado a partir de mañá martes, para presentar as solicitudes obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado que se atopa en https://sede.xunta.gal.

A finalidade destas axudas é a realización de actividades de representación e de formación dos asociados das organizacións profesionais agrarias legalmente constituídas e con implantación en Galicia e dos agricultores galegos en xeral. Serán subvencionables as funcións e actuacións que lles son propias conforme á normativa legal, funcións ordinarias de xestión interna, representación perante as institucións e a participación nos órganos colexiados que foron constituídos pola Administración galega para a defensa dos intereses dos seus representados.

Compartir
WhatsApp Facebook Correo