O Concello de Boqueixón informa de que o vindeiro sábado 19 de novembro terá lugar a derradeira das baixadas espeleolóxicas á Cova do Pico Sacro, organizadas pola Federación Galega de Espeleoloxía en colaboración co Concello. Despois de que a choiva obrigara a cancelar a baixada prevista para o pasado mes de outubro, nestes momentos hai 8 prazas dispoñibles para a visita do 19/11/2022: 4 no horario de mañá (de 10:00 a 12:00 horas) e outras 4 no de tarde (de 15:00 a 17:00 horas).
Podes reservar a túa praza na Federación Galega de Espeleoloxía: 982 507 227 (de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas). Máis información en: www.espeleoloxia.org.