O Pavillón Municipal do Forte acollerá unha sesión de zumba solidaria o sábado 14 de xaneiro

O Concello de Boqueixon colabora nun evento solidario que terá lugar o sábado 14 de xaneiro, a partir das 18:00 horas, no pavillón municipal do Forte: unha Zumba Class Solidaria!. Trátase dunha iniciativa dun grupo de persoas que participan nas clases de zumba do ximnasio municipal e que ofrecen tanto a grupos de practicantes desta modalidade dentro das actividades fitness como a calquera persoa que desexe sumarse.

Así, ese sábado 14 de xaneiro varios instrutores da contorna virán a Boqueixón a impartir unha masterclass de zumba cun obxectivo solidario: recoller produtos de hixiene persoal e do fogar. Unha achega que será recollida o mesmo día no pavillón do Forte e que servirá para poder participar na masterclass. Entre eles figura Ángel, que dá clases en Boqueixón e en Kenko Global Center de Santiago de Compostela (rúa do Pombal); Maite, que dá clases na Baña e Negreira; Gabriel, que fai o propio en Carballo e no ximnasio World Fit Carballo; Priscilla que imparte zumba na Estrada; e Lucía e Ainhoa, que traballan en Santiago e na contorna.

Así mesmo, varios establecementos de Boqueixón sumaranse á recollida solidaria e neles poderás deixar as túas achegas. Son:

  • Ferretería Torres. Rodiño Grande, 16. Sergude
  • Peluquería Nieves. Baiuca. Ledesma
  • Librería Lino. Lestedo.
  • Peluquería Mónica. Loureiro, 1. Pousada.

 

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025