
O Concello de Boqueixón informa de que a empresa Edades Compostela Servizos Sociais busca persoal para cubrir servizo de atención de persoa dependente en Camporrapado (Boqueixón) do 16 ao 24 de xaneiro de 2023. Horario de 9:00 a 10:00 horas, de 15:00 a 16:00 horas e de 22:00 a 23:00 horas. Imprescindible experiencia, carné de conducir e coche.
As persoas interesadas terán que enviar currículum facendo referencia a esta oferta ao correo: santiagodecompostela@edades.eu.
