
A Casa da Cultura de Camporrapado acollerá o sábado 11 de marzo, ás 19:30 horas, a presentación do vídeo da recreación da Batalla de Ponte Ledesma de 2022. Unha actividade que tivo lugar en agosto de 2022 e que serviu para a estrea de “A batalla de Ponte Ledesma”, unha composición de Simón Couceiro interpretada pola Unión Musical Ponteledesma.
